Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 11 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación participa no plenario da rede de destinos turísticos intelixentes

A presenza do Rei Felipe VI no Plenario da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, da que forma parte a Deputación de Pontevedra coa súa presidenta Carmela Silva, supuxo esta mañá o espaldarazo á propia RDTI “como un proxecto innovador” e a declaración de apoio e respaldo ao sector “dunha importancia crucial para este país polo seu peso económico e no emprego, a importancia social e o que supón de achegamento a outros pobos e culturas, sector co que agora enfrontamos o reto da recuperación”.

 

O monarca recoñeceu a crise da Covid19 como “un golpe serio” pero tamén unha oportunidade para repensar coas claves da transformación dixital, a accesibilidade, a gobernanza e a sustentabilidade. “Sabemos das nosas fortalezas, somos unha grande potencia turística”, dixo Felipe VI, que á vez reflectiu sobre o feito de que trátase do sector máis exposto e vulnerable a pandemias globais. Tamén insistiu o Rei no reto que teñen moitos destinos da desestacionalización e polo tanto da necesidade de poñer en valor e promocionar recursos e produtos dos que desfrutar todo o ano recoñecendo a fortaleza de España neste sentido con recursos como a cultura, os monumentos ou a gastronomía.

 

Ante o interese do monarca pola situación dos festivais e grandes eventos musicais do verán, cuestión sobre a que a Ministra, Reyes Maroto, informou que se están avanzando con medidas tanto de garantía sanitaria como de apoio ao sector, a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, recordou que a provincia conta con 6 grandes eventos baixo a marca Rías Baixas Fests que aportan un valor importante tanto no desenvolvemento local dos concellos nos que se celebran como na promoción do noso destino, e celebrou os avances no apoio a un sector tan importante. Carmela Silva tamén trasladou a necesidade de que se axilicen as licitacións dos proxectos de RED.ES de Turismo Intelixente, precisamente para avanzar na innovación nos destinos cando é máis necesario que nunca, e pediu que se axilice a aprobación da norma do ICTE para vivendas turísticas, para que así estes establecementos dispoñan de tempo para facer as adaptacións precisas en materia de garantía sanitaria.

 

 

 

 

Carmela Silva celebrou que Ministra confirmase o apoio aos eventos de música en directo. “Son unha referencia turística como os RíasBaixas Fest nesta provincia”

 

 

 

 

A Presidenta celebrou igualmente o anuncio da Secretaria de Estado de que esta á perfilar un Centro Mundial de Datos que supón un novo modelo de coñecemento para a toma de decisións acertadas de cara a demanda tanto nacional como internacional. Amais manifestou o seu aliñamento en materia de promoción turística coas campañas que está a preparar TurEspaña, tanto para turismo doméstico como internacional, esta última adaptada aos mercados internacionais de  maneira desescalada para trasladar que estamos preparados para volver.

 

A propia Ministra de Turismo Valorou positivamente o traballo realizado durante os últimos tres meses polos membros da rede para a posta en común de solucións para garantir a seguridade e confianza nos espazos turístico. Avanzou tamén Maroto que o sector das feiras poderá retomar a súa actividade no mes de setembro e que agardan que se recuperen citas importantes para o sector a nivel nacional. “Estamos preparados e a punto para recibir visitantes. E temos que demostralo no exterior”, rematou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.