VIGO
Vigo obtén as trece bandeiras azuis que solicitou para praias e sendeiros
As bandeiras azuis ondearán nas dez praias e nos tres sendeiros que o Concello pediu para este verán, tal e como vén de confirmar a organización que as concede. Samil repite por segundo ano consecutivo, xunto aos areais de A Punta, Carril, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón e Rodas
A cidade contará este verán con dez praias con bandeira azul e outros tres sendeiros coa mesma distinción. Adeac, a entidade que avalía e resolve as propostas recibidas, publicou este martes o seu listado para este ano e o Concello de Vigo recibe tantas bandeiras azuis como solicitou.
Polo tanto, Vigo volve sumar como no 2019 trece distincións azuis, dez en praias e tres en sendeiros; o mesmo número pero non os mesmos areais, xa que este ano o Concello decidiu solicitala para a praia de Carril, en Alcabre, en lugar da de Figueiras, nas illas Cíes. A finais de xaneiro, o goberno de Vigo tramitou a solicitude e argumentou a decisión por ser o de Carril un areal urbano de maior afluencia que o do arquipélago.
No tocante aos sendeiros, o “Camiño a Beiramar”, a senda entre faros das illas Cíes e a senda litoral e do monte da Guía, en Teis, renovan este verano unha distinción azul coa que xa contaron en anos anteriores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217