Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 14 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

O sector da hostelería mosense, o gran damnificado pola crise do COVID-19

O Concello de Mos fixo públicos os datos obtidos mediante o Estudo do Impacto Económico da pandemia na localidade

Xa se atopa rematado o Estudo do Impacto Económico do COVID-19 en Mos sobre o que a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Empresarial, Economía e Emprego, Julia Loureiro, fixeron onte públicos os resultados.


Para a elaboración do devandito estudo mantívose contacto directo con todas as empresas do municipio: en total 2.000 unidades empresariais entre autónomos e empresas.


O estudo foi coordinado desde a Axencia de Colocación mosense, contando con 5 técnicos/as traballando no mesmo, e con todo o equipo de goberno local implicado no proxecto.


A crise xerada pola evolución epidemiolóxica da COVID-19 provocou un forte impacto económico en case todos os sectores e actividades económicas do municipio de Mos.  Os resultados do estudo clasificáronse en dúas vertentes, por un lado o impacto económico nas empresas e por outro nos autónomos.

 

No que respecta ás empresas inventariáronse 1.281 empresas e avaliáronse a 958. Da análise realizada concluiuse que atendendo á incidencia dos ERTEs obsérvase que o 34% das empresas entraron en ERTE, o 34% prestaron servizos esenciais, o 31% foron servizos non esenciais que non pecharon ou só o fixeron as dúas semanas obligatorias, e o 1% cesaron a actividade con prestación solicitada/concedidas.

 

O maior impacto dos ERTEs produciuse nas empresas do sector da automoción, seguidas das de comercio ao por maior, transporte, industria mecánica e fabricación, hostelería e comercio ao por menor. Os menos afectados polos ERTEs foron os negocios de perruquería e estética, ocio infantil, formación especializada e artes escénicas.

 

Dentro dos ERTES o 75% dos que se produciron en Mos corresponden ao sector da hostelería, o 17% a perruquería e estética, o 5% profesionais de artes escénicas e música, o 2% a comercio polo miúdo de tipo quioscos, estancos e administracións de lotería e o 1% a comercio polo miúdo ferretería e droguería.

 

Por sectores o máis afectado foi o da hostelería concentrando o maior número de traballadores afectados por ERTE e autónomos con cese de actividade-prestación.

 

Dentro dos autónomos en cese de actividade-prestación a maioría (o 63%) son tamén do sector da hostelería, seguidos do sector da perruquería e estética cun 17%.

 

Os negocios con menor impacto foron os de comercio polo miúdo de productos alimenticios.

 

De entre as empresas analizadas houbo 8 que experimentaron a pesar da crise unha maior facturación e 56 que non experimentaron incidencia.

 

Os datos expostos son datos significativos da fortaleza do tecido empresarial do municipio, cunha alta porcentaxe de empresas que non tiveron incidencias durante o estado de alarma. Pero tamén é significativo o dato da porcentaxe máis alta de incidencia (100%), encontrándose entre estas empresas 37 consideradas como moi afectadas debido aos sectores de actividade que desenvolven: centros de ocio infantil, automoción e relacionados coa mesma, catering de colexios, transporte público e de escolares, centros deportivos, empresas de artesanía, e empresas relacionadas co sector cultural e turístico. Son sen dúbida sectores moi afectados, para os cales se están a tomar medidas de apoio a través da UCI empresas.

 

En canto aos autónomos os resultados do estudo conclúen que os ERTEs afectaron a un 63% das persoas traballadoras en pequenos negocios dirixidos por autónomos e autónomas, aos que se suma un 29% de autónomos que solicitaron a prestación extraordinaria por cese de actividade.

 

Os sectores nos que máis afectou a crise foron: hostelería (75%), servizos de perruquería e tratamentos de estética (16%) e unha porcentaxe pequena, aínda que significativa de profesionais de artes escénicas e música (5%).

 

Os negocios con menor impacto da crise da Covid-19 foron: o sector alimentación e comercio ao por menor de productos de primeira necesidade, nos que se inclúen productos de droguería, ferretería, períodicos, e servizos de reparación de automóviles e maquinaria.

 

As parroquias nas que máis autónomos se detectaron foron as de Tameiga e Sanguiñeda.

 

De entre os autónomos contactados só 3 experimentaron maior facturación durante a crise e 9 non tiveron incidencia negativa da mesma. Extráese destes datos, a incidencia significativa no sector da hostelería e servizos persoais. A crise do Covid-19 que limita sobre todo as relación interpersoais, afectou a actividades económicas baseadas nesa proximidade. E é moi importante o impacto económico nunha porcentaxe do 100% no ámbito das persoas autónomas do municipio.

 

O obxectivo desta análise, unha vez rematada, é obter un coñecemento en detalle das actividades afectadas por esta crise, para adoptar as medidas adecuadas para facilitar a reactivación das pequenas empresas do municipio. Os pasos a dar a continuación encamiñaranse a buscar as vías necesarias para emprender as medidas oportunas ao respecto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.