Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 16 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta de Galicia saca a licitación a modificación do proxecto sectorial da Plisan

Tamén se está estudando a posible apertura ao tráfico rodado do viario principal da Plataforma Loxística e Empresarial e a estrada que comunica coa autovía, co obxecto de facilitar o acceso dos veciños á vía de alta capacidade

A Xunta de Galicia licitou a semana pasada o contrato para a redacción da segunda modificación do proxecto sectorial da Plataforma Loxística e Empresarial de Salvaterra-As Neves (Plisan), no que se investirán 68.970 euros e que terá un prazo de execución de seis meses.

 

Esta modificación, que foi aprobada polo Consello da Xunta no ano 2002, permitirá reunir nun único documento todos os cambios realizados como consecuencia dos cambios da lexislación sectorial que se produciron con posterioridade. Desta maneira, toda a documentación estará nun só documento, o que facilitará o acceso á mesma por parte de quen estea interesado.

 

Actualmente estanse executando as obras de construción da EDAR (Estación depuradora de auga residuais) e da ETAP (Estación de tratamento de auga potable), así como a urbanización da zona Loxístico empresarial (LE), cuxas obras está previsto que rematen a finais deste mesmo ano.

 

Por outra parte, estase estudando a posibilidade de abrir ao tráfico rodado o viario principal interior da Plisan e a estrada AG-51, que conecta esta área empresarial coa autoestrada A-52 e que foi construída pola Xunta de Galicia.

 

Coa apertura ao tráfico dos citados viarios facilitarase o acceso á vía de alta capacidade dos veciños dos núcleos de poboación próximos á Plisan, reducindo a distancia que teñen que recorrer actualmente.

 

Ata o momento non era posible propoñer a apertura ao tráfico da vía principal da Plisan ao estarse desenvolvendo na mesma as obras de urbanización da zona LE. Pero unha vez que estas obras están moi avanzadas, está en estudo a posibilidade de realizar a apertura ao tráfico da mesma, con seguridade para os usuarios e sen que o tráfico interfira no desenvolvemento das obras que se están a executar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.