GALICIA
A Xunta publica as convocatorias para axudar aos centros de día e de atención á infancia
Consistirán nunha subvención que pode acadar ata o 100% dos seus custes fixos, a razón de 4000 euros ao mes
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as ordes de axudas para que as entidades que xestionan centros de día e de atención infantil poidan ter seguridade financeira para afrontar as adaptacións necesarias e os seus custes fixos mentres a súa actividade permaneza suspendida.
As axudas consistirán nunha subvención que pode acadar ata o 100% dos custes fixos, a razón de 4000 euros ao mes. Así mesmo, serán gastos subvencionables o alugueiro, os pagos de préstamos hipotecarios, os custes derivados do subministro eléctrico, de calefacción ou outros como como internet, telefonía, gas ou de auga.
Serán gastos xustificados o alugueiro dos locais, os pagos de préstamos hipotecarios, os custes derivados do subministro eléctrico, de calefacción ou a contratación de servizos de xestoría ou asesoría, entre outros
Tamén se poderán xustificar nesta liña de axudas os servizos de profesionais independentes como de asesoría ou xestoría, ou custes derivados do mantemento e funcionamento do centro como poden ser arranxos de xardinería ou limpeza.
Con respecto á presentación de solicitudes, os interesados deberán obrigatoriamente presentar a súa proposta por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. O prazo das solicitudes será de dous meses contando a partir do día seguinte ao publicación destas ordes de axudas no DOG

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123