REDONDELA
Redondela pide unha “reunión urxente” ca Xunta para tratar o problema de Aucosa
A alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, reuníronse a semana pasada coa veciñanza de Cabanas e Chapela para dar conta das xestións que realiza o Concello na procura dunha solución a un “grave problema ambiental”
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, mantiveron unha xuntanza a semana pasada coa veciñanza de Cabanas e Chapela que reclama o traslado de Aucosa, dedicada á transformación de derivados do peixe, a un polígono industrial xa que, ao seu entender, o planeamento vixente en Redondela só permite o establecemento de “industrias limpas” nesa zona limítrofe coa Rede Natura 2000.
Rivas e Villar aseguráronlle aos veciños e veciñas que o Concello “non está cruzado de brazos” se ben os trámites “teñen que seguir proceso administrativo” que, sinalou o concelleiro de Medio Ambiente, “non é todo o áxil que lle gustaría aos e ás afectadas”. De feito, o concello contratou os servizos dun avogado especialista en asuntos ambientais e urbanísticos para que analice toda a documentación e asesore ao Goberno local sobre os pasos a seguir.
A paralización das obras por parte do Concello responde, segundo a alcaldesa Digna Rivas, “á aplicación da normativa vixente ao ter a empresa comezado obras de ampliación das súas instalacións sen contar coa licenza de obra do Concello”. O inicio destes traballos de ampliación e o derrubamento de parte das instalacións onde se almacenaba a materia prima de refugallos de peixe, “fixo que o problema dos malos olores incrementáranse”, aseguraron os veciños e veciñas.
Tanto Digna Rivas como Roberto Villar, salientaron o “desinterese” da Xunta de Galicia ata o momento xa que, sinalaron a alcaldesa e o concelleiro “son conscientes do grave problema que padece a veciñanza a través dos numerosos escritos que, nese sentido, se lle dirixiron á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático”.
A estes informes, engádense as continuas denuncias realizadas ante a Policía Local redondelá pola veciñanza da zona, denuncias que tamén se fixeron chegar á administración ambiental autonómica.
Doutra banda, Roberto Villar daba conta que logo das chamadas realizadas polo seu departamento á Dirección Xeral e que estes constatasen que, efectivamente, “tiñan rexistradas numerosas denuncias sobre ese tema”, non día de onte visitaron a zona un inspector de Medio Ambiente acompañado do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona), sen que, ata o momento, apunta Villar, “teñamos coñecemento do informe elaborado”.
Con eses novos datos sobre a mesa, Digna Rivas e Roberto Villar esixen “unha reunión urxente coa Xunta de Galicia para tratar sobre o problema que Aucosa representa para a saúde ambiental de Rande” e, ao mesmo tempo, urxen á Xunta a que “dea conta ao Concello do contido do informe elaborado trala visita, no día de onte, dun inspector de Medio Ambiente e do Seprona a Acuosa”.
Rivas chamou a atención que non é a primeira reunión que solicita o Concello de Redondela “sen que ata o momento se dignasen a dar unha resposta” unha actitude que para a alcaldesa “é unha clara falta de respecto aos veciños e veciñas que teñen que convivir, diariamente, cos malos cheiros que produce a actividade da empresa”.
Pola súa banda, o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, asegura “non entender” como os servizos medioambientais da Xunta de Galicia poden informar favorablemente sobre unha actividade “altamente contaminante” nunha zona limítrofe á Rede Natura 2000 se ben, engade Villar, “á vista do contido dos informes queda claro que foron redactados dende un despacho en Santiago e non como consecuencia dunha visita detallada ao lugar dos feitos”.
Digna Rivas e Roberto Villar aseguraron, porén, que o Goberno local “non ten máis interese que a salvagarda dos intereses dos veciños e veciñas, polo que seguirá traballando na procura dunha solución que permita que á veciñanza poida ter a calidade de vida que merece”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149