PROVINCIA
O goberno da Deputación aproba novos investimentos para 15 concellos
A Xunta de Goberno tamén aprobou as bases de "O teu primeiro emprego" para concellos de menos de 50.000 habitantes, que oferta 160 postos de traballo
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou novos investimentos por case 3 millóns de euros, no marco do Plan Concellos 2020, beneficiando a 15 concellos da provincia: Arbo, Baiona, Cambados, A Estrada, A Lama, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Vilaboa, Barro, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Guarda, Lalín, Mondariz-Balneario e Mos.
Once das achegas corresponden á liña 1 de investimentos do plan provincial. Así, para Baiona aprobáronse dúas subvencións, unha de 95.741,25 euros con destino ao financiamento do subministro e reposición do equipamento de xestión e control de accesos ao aparcamento de Aral, e outra de 60.591,96 para a mellora da pavimentación e seguridade viaria da rúa Urgal, en Belesar. En canto a Arbo, unha achega de 90.978,94 euros coa que poderá financiar o ensanche e mellora do Camiño Urzal e A Civida.
Cambados tamén recibirá dúas subvencións, unha de 147.767 euros para acometer a mellora da pavimentación en camiños rurais do concello e outra de 112.559,46 euros con destino ao financiamento da reurbanización da Rúa Nova. Doutra banda, para Salceda aprobouse unha achega de 92.923,65 euros destinada ao financiamento do proxecto de pavimentación da estrada do polígono do Cerquido ás escolas de Budiño.
A Estrada destina os case 800.000 euros que lle corresponden da Liña 1 da Deputación ao mesmo concepto. A Xunta de goberno aprobou esta achega de 799.549,43 euros para financiar a pavimentación de diferentes viarios rurais. Pola súa banda, A Lama, recibirá 119.209,50 euros para financiar o acondicionamento e ampliación do edificio do Concello. Por último, para Vilaboa aprobouse unha achega de 140.268,17 euros coa que financiará a pavimentación e drenaxe en Croas, Uveiras e Paredes, e Salvaterra de Miño recibirá dúas novas achegas, a primeira de 60.352,12 euros para o saneamento en Lodeiro, Martín e Poza e Cerdeiral e a segunda de 60.151,85 euros para a mellora da pavimentación en Costa e Arantei-Entenza.
Amais do referido á liña 1 do Plan Concellos 2020 o goberno tamén deu conta “da modificación de sete achegas da liña 3 para que os concellos poidan adaptar o persoal ás necesidades orixinadas trala crise sanitaria da COVID-19”. En concreto Cerdedo-Cotobade, Mos, Forcarei, Mondariz-Balneario, Barro, Lalín e A Guarda solicitaron este cambio motivado polos necesarios reaxustes do orzamento e duración das contratacións por causa da situación derivada da pandemia. En total estas achegas suman 1.178.455,84€ e servirán para que os concellos contraten a 122 traballadores/as.
Bases de "O teu primeiro emprego" para concellos
A Xunta de Goberno aprobou as bases de “O teu primeiro emprego” para concellos de menos de 50.000 habitantes. "Estamos a falar dun orzamento de preto de 2 millóns de euros e da creación de 160 postos de traballo a través dun contrato en prácticas", detallou a presidenta Carmela Silva. Os concellos de ata 10.000 habitantes poden contratar a dúas persoas e os de entre 10.001 e 50.000 poden contratar a 4. Os concellos completarán o custe laboral segundo categoría polo convenio colectivo aplicable e a cota da seguridade social.
Como novidade Silva subliñou que “este ano, nas bases tanto da Deputación como dos Concellos, imos a establecer mecanismos para favorecer a inclusión das persoas que teñen diversidade funcional”. No caso das prazas na Deputación de Pontevedra explicou que “cando as aprobemos reservaremos un número de postos” e no caso dos concellos “recomendámoslles que tomen decisións para favorecer a inclusión”.
no Servizo Público de Emprego" e o prazo de presentación de solicitudes para concellos será de 10 días hábiles dende a publicación da convocatoria no BOPPO”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184