Viernes, 26 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 18 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
BAIONA

Baiona abre o prazo para o Campamento Urbano de xullo

Aos monitores e monitoras encargados do desenvolvemento da iniciativa, engádese á figura dunha persoa encargadas, especificamente, de velar polo cumprimento de todas as normas de protección que marca a actual situación sanitaria

O Concello de Baiona vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o tradicional Campamento Urbano que se desenvolverá entre o 1 e 31 de xullo, unha actividade dirixida aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 11 anos e que ten carácter totalmente gratuíto.


O Campamento Urbano, que terá aberto o prazo de inscrición ata o 23 de xuño, desenvolverase de 10:30 horas a 13:30 horas en dúas quendas –do 1 ao 15 de xullo e do 16 ao 31 de xullo– e contará con medidas adicionais de seguridade sanitaria para garantir as condicións de participación de todos os nenos e nenas.


Así, sinala o alcalde de Baiona Carlos Gómez, “cada grupo terá un máximo de 10 nenos e nenas e un monitor e haberá, a maiores, un coordinador/a de COVID-19”.


Esta persoa coordinadora da seguridade sanitaria, terá como funcións específicas controlar que, en todo momento, se cumpran as normas específicas de protección que marca o actual estado de pandemia, medidas entre as que se inclúe a estrita limpeza e desinfección do material que utilicen os nenos e nenas antes que este volva a ser utilizado por outro grupo. Será o encargado/a de manter o contacto coas nais, pais, ou persoas titoras dos e das participantes.


O prazo de presentación de solicitudes participar neste campamento está aberto ata o  23 de xuño e os formularios de solicitude estarán dispoñibles tanto na páxina web do concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.