Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 16 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Maica Larriba coordina as medidas de seguridade para a nova tempada de verán en Sanxenxo

Segue manténdose un descenso acumulado en canto a infraccións penais desde 2018

Durante esta  mañá, a subdelegada  do  Goberno en Pontevedra,   Maica   Larriba, presidiu xunto ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a Xunta Local de Seguridade que, de forma telemática, centrouse na coordinación de todas as medidas necesarias que garantan unha tempada de verán segura en todos os aspectos, tanto sociais como sanitarios. Hai que lembrar que durante estes meses de verán, Sanxenxo convértese na terceira cidade galega en canto ao aumento de poboación local. Para a coordinación de todos estes aspectos tamén estiveron presentes o Coronel Xefe da  Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón  Venzal e mandos da Policía Local.


A subdelegada do Goberno garantiu a máxima colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado para que se desenvolva con total seguridade esta nova campaña estival, tan importante para toda a provincia. Para iso, Larriba quixo reclamar “a máxima pedagoxía coa cidadanía no uso dos espazos públicos e cos propietarios dos establecementos hostaleiros, quen ten que avalar a aplicación dos criterios de seguridade tanto en terrazas como nos servizos interiores recomendados polas autoridades sanitarias para previr rebrotes na nosa contorna”.

 

 

 

 

Tanto o alcalde, Telmo Martín, como a propia subdelegada do Goberno coincidiron na necesidade de dar unha imaxe de destino turístico seguro que garanta a recuperación económica e social da localidade e a provincia

 

 

 


En relación a isto, Telmo Martín quixo manifestar que Sanxenxo sempre foi un lugar de acollida para todos aqueles que queren vir pasar as súas vacacións e que sempre son benvidos, unha actitude que debe servir para combater certas fobias cara á chegada de residentes doutras comunidades como a madrileña. Respecto diso,  Maica  Larriba coincide co alcalde en que “especialmente este ano é importante dar unha imaxe de destino seguro para todos, de forma que Sanxenxo siga sendo o lugar tranquilo e perfecto para gozar dunha estancia extraordinaria tal como quedou sempre demostrado en toda a nosa provincia”.


Por outra banda,  fíxose balance dos datos acumulados desde o mes de xaneiro respecto ao número de infraccións tanto penais como administrativas que se produciron na localidade. Hai que destacar que Sanxenxo segue mantendo unha diminución porcentual do 1% no acumulado deste primeiros seis meses do ano con respecto a 2019, unha tendencia que se mantén desde 2018 cunha baixada acumulada nestes dous últimos anos do 7%. En canto aos niveis de esclarecemento de policial seguen os mesmos niveis que o ano pasado entre os meses de xaneiro e maio.


Con todo hai que destacar que en canto a infraccións administrativas produciuse un incremento respecto ao ano pasado dun 150%, unha desviación motivada polas ordes de confinamento durante o estado de alarma e que provocaron un aumento no acumulado semestral.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.