MUNDO EMPRESA
O sector de feiras e eventos en Galicia ponse en marcha tras as medidas aprobadas pola Xunta
A PUBLICACIÓN NO DOG DA NORMATIVA PARA FACER FRONTE AO COVID-19 NA DENOMINADA “NOVA NORMALIDADE” SUPÓN A POSIBILIDADE DE RETOMAR ESTA ACTIVIDADE
O sector de feiras e eventos en Galicia volve a poñerse en marcha tras meses de inactividade debido á crise sanitaria xerada polo covid-19. Faino tras a publicación da Consellería de Sanidade no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado 13 de xuño das medidas de prevención aprobadas para a transición a unha nova normalidade, as cales supoñen a posibilidade de retomar esta actividade.
Unha publicación que supón unha gran nova para a Asociación Galega de Feira e Eventos (Agafe), xa que marca o pistoletazo de saída dun dos sectores máis afectados pola crise do coronavirus, ao tempo que é acollida con satisfacción por esta entidade por tratarse de medidas factibles e executables por calquera organizador.
Así, nesta normativa determínase que o aforo para a celebración de feiras e eventos será do 75% da capacidade permitida. Deberase establecer a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara, ademais do cumprimento xeral de medidas de hixiene, como a dipoñibilidade de xel hidroalcóholico para todos os asistentes.
Viabilidade e seguridade
Para Agafe estas medidas garanten tanto a viabilidade para a celebración de eventos como a seguridade para o persoal e os asistentes aos mesmos. Así, de non poder levarse a cabo algunha feira, congreso ou encontro será pola situación do sector implicado ou outros motivos, pero non pola imposibilidade de aplicar as medidas establecidas para previr a difusión do covid-19.
Dende a Asociación tamén se destaca a importancia desta volta á actividade porque a función dos recintos feiras é a de ser instrumentos de promoción económica dos sectores relacionados con eventos celebrados neles, co que isto é un paso máis cara a reactivación económica de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17