MOS
O Pleno aproba a humanización da contorna parroquial de San Mamede en Torroso
Trátase dun Plan HURBE polo que a Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda financia o 70% do orzamento total da obra
O Pleno Extraordinario do Concello de Mos celebrado telemáticamente onte aprobou por maioría dos seus membros a aceptación da subvención da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia con cargo ao Plan HURBE para financiar o 70% da Humanización da Contorna Parroquial de San Mamede-Torroso. Coa aceptación da devandita axuda a administración local asume, así mesmo, o compromiso de financiar o 30% restante dos gastos derivados desta gran obra.
A aceptación da subvención do Plan HURBE aprobouse cos votos a favor do equipo de goberno local e as abstencións de PSOE, GañaMOS e BNG.
Trátase do proxecto máis grande de toda Galicia do Plan Hurbe na actualidade, ascendendo o orzamento total da obra de humanización a case 400.000 euros, 390.000 euros para ser exactos. Dos que a administración autonómica asume o 70% e o Concello financia un 30%.
Tras a aprobación da subvención o seguinte paso será a aprobación do proxecto en Pleno. O Concello de Mos leva desde outubro traballando neste proxecto que se atopa dentro do Plan Municipal ‘Mos Humanizado’ e neste senso a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, agradeceulles enormemente o seu arduo labor no mesmo tanto ao arquitecto municipal, Manuel Toucedo, como á arquitecta mosense, Estefanía Grandal, que quixo sumarse desinteresadamente a este proxecto, xa que é veciña da parroquia de Torroso, coa que non dubidou en colaborar para mellorala co seu excepcional traballo.
O prazo de execución desta obra é de 9 meses e os traballos a realizar consisten nun proxecto de urbanización e acondicionamento para uso de lecer e esparcemento, tratando de unificar o conxunto do vial e o torreiro da festa cunha pavimentación con materiais pétreos, así como deseño dunha peza de unión realizada con pedra. Nesta peza concéntrase a maior parte da intervención: asentos, iluminación, escaleiras de paso, vexetación, etc.
A humanización complétase coa execución dunha beirarrúa pola estrada Puxeiros-Mos que conectará o vial pavimentado co Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. Ademais realizarase un proxecto de iluminación con luminarias integradas no pavimento en diálogo co lugar e a intervención, e retiraranse as liñas aéreas (que serán soterradas) e as luminarias sobre postes, que serán substituídas por luminarias sobre báculos.
Como xa se dixo, as obras a realizar, comprenden a substitución do pavimento de aglomerado asfáltico por un pétreo (enlosado de granito/adoquín con solera de formigón baixo o pavimento) máis acorde co entorno, o que conlevará tamén unha renovación das instalacións, dotación de novas non existentes e reordenación do conxunto dos espazos adxacentes á Igrexa co consecuente novo amoblamento e deseño.
Os traballos de xardinería incluirán un estudo da vexetación existente para a súa mellora ou substitución. Xeración de novas sombras nos itinerarios propostos e axardinamento de baixo porte nos espazos ou percorridos que así o requiran.
En definitiva, esta obra de humanización integrará o Centro Dotacional, o antigo Centro Cultural e a Igrexa de San Mamede nun espazo máis humanizado e habitable. Trátase dunha das principais promesas do programa electoral do goberno local mosense á que se dá cumprimento coa posta en marcha do proxecto.
A actuación abarcará uns 7.000 metros cadrados e suporá un cambio radical na parroquia, facendo máis habitable e humanizado o centro neurálxico da mesma; onde se concentran habitualmente gran número de veciños e foráneos que acuden a diario a esta zona para participar en actividades lúdicas, relixiosas, culturais, musicais...etc.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58