Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 18 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos vólcase co gran damnificado pola crise do COVID-19, o sector da hostelería

Onte participaron na Axencia de Colocación mosense nunha formación específica para estes empresarios un total de 30 persoas, 10 en horario de mañá e 20 pola tarde

Tras o Estudo do Impacto Económico do COVID-19 en Mos que desvela que o da hostelería é o sector máis afectado, o Concello emprende accións específicas para axudar á súa recuperación.

 

Entre as devanditas accións atópase a formación sobre o COVID-19, impartida presencialmente onte mércores 17 de xuño nas aulas TIC da Axencia de Colocación. Tamén se lles deu a oportunidade aos beneficiarios/as desta acción formativa de participar no curso de xeito telemático, on line.

 

Participaron un total de 30 persoas, 10 en horario de mañá de 10:00 a 12:00 horas, e 20 pola tarde de 17:00 a 19:00 horas.

 

Durante a xornada facilitóuselle aos presentes a través da web comerciosegurogalicia.gal a análise gratuíta da súa empresa sobre cumprimento da normativa COVID-19 nos seus negocios.

 

Impartíuselles formación materia de seguridade e prevención libre de COVID-19 e sobre como presentar a carta dixital a través de Código QR. Para aqueles establecementos que non tiñan desenvolta esta posibilidade, informóselles e formóuselles sobre como crear unha carta/menú dixital a través do Código QR.

 

Así mesmo, o Concello dá apoio para que aqueles locais que non poidan facelo, dispoñan en poucos días da súa carta QR, co apoio dos/as técnicos/as da Axencia de Colocación de Mos.

 

O obxectivo desta campaña municipal emprendida desde a concellería de Promoción Empresarial, Economía e Emprego do Concello de Mos é, segundo explicaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a edil responsable desta área, Julia Loureiro, “a reactivación do sector hosteleiro e turístico local ante a crise sanitaria da COVID-19, máxime cando os resultados do Estudo do Impacto Económico Municipal veñen a demostrar que é o máis damnificado”.

 

A formación impartida onte foi totalmente gratuíta para os participantes e de carácter voluntario, e pretende que o sector do turismo e hostelería estea formado en materia de seguridade e prevención libre de COVID-19 para facer de Galicia e de Mos un destino seguro e que este sexa un valor engadido de cara á recuperación económica do sector.

 

Tamén o persoal técnico da Axencia de Colocación de Mos atópase ao enteiro servizo destes profesionais da hostelería que están a atravesar momentos complicados. Para elo os hosteleiros poden contactar de luns a venres coa Axencia a través do enderezo de correo electrónico info@axenciadecolocacionmos.es  e do teléfono 986487786.

 

Ademais o Concello conta con apoio da Xunta de Galicia para o Plan de Reactivación do Sector Turístico e Hosteleiro. As accións da Xunta inclúen tamén asesoramento e financiamento das empresas e profesionais turísticos galegos en materia de seguridade sanitaria para adecuarse á situación actual, no marco do Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico.

 

Para resolver dúbidas do sector turístico en materia de seguridade sanitaria a Xunta habilitou o teléfono gratuíto 900 815 334, dispoñible en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, a dirección de correo electrónico info-galiciadestinoseguro@xunta.gal   e na páxina web de Turismo de Galicia vaise aglutinar toda a información de interese sobre accións e documentos oficiais relacionados coa COVID-19, conforme se vaian xerando.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.