O PORRIÑO
Os populares denuncian "contratos a dedo na limpeza viaria" do Porriño
O PP reclama ao Goberno Municipal que faga efectiva a adxudicación destes servizos á concesionaria Urbaser
A maleza invade os viais e camiños municipais das parroquias do Porriño, sendo en moitos puntos intransitables ademais de supoñer en moitos casos un evidente risco para a seguridade de peóns e condutores e agravar o perigo de incendio ás portas da tempada de alto risco.
Esta situación está a desatar aluvións de reclamacións dos veciños e veciñas do rural porriñés que demandan a inmediata intervención do Concello.
Estes traballos de eliminación da maleza e limpeza de viais e de limpeza diaria parques infantís e xardíns foron adxudicados definitivamente, por acordo plenario do pasado 27 de maio, á entidade Urbaser sen que a día de hoxe o Goberno Municipal fixera efectiva a concesión.
"É inasumible e inxustificable que o Goberno Municipal continúe contratando a dedo para levar a cabo estes traballos á mesma empresa que á que se lle retirou a concesión por incumprir os pregos do contrato", denuncia o portavoz, Alejandro Lorenzo, "E ademais, de xeito evidente non se está prestando este servizo en condicións. Todas e cada unha das parroquias están totalmente abandonadas a pesar de que os veciños do rural pagamos este servizo cos nosos impostos".
Así, os populares reclaman ao Concello que proceda de inmediato á limpeza e mantemento dos viais de todas as parroquias do municipio e a inmediata incorporación da empresa á que se lle adxudicaron estes servizos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169