MOS
A Xuntanza de Palilleiras de Mos en versión virtual
Participarán palilleiros e palilleiras de países como Portugal, Italia, Bulgaria e Arxentina
Continúa a celebración da Festa da Rosa 2020, este ano en formato dixital. E dentro do programa virtual de actos festivos non podía faltar a tradicional e emblemática Xuntanza de Palilleir@s de Mos que este ano cumpriría a sía XIII Edición presencial e, ao non poder ser así, celebrarase a I Xuntanza Virtual de Palilleir@s e Labores de Mos.
Cada ano reúnense nesta xuntanza en Costoias unha media de medio milleiro de palilleiras e palilleiros chegados de toda Galicia, de diferentes puntos da xeografía nacional e do país veciño, Portugal.
![[Img #63356]](https://xornal21.com/upload/images/06_2020/8747_img-20200618-wa0001.jpg)
Este 2020 será a edición máis internacional coa participación de palilleiros e palilleiras de países como Portugal, Italia, Bulgaria e Arxentina; ademais de España, por suposto. Nesta ocasión a participación será virtual a través da Páxina de Facebook Palilleiras de Mos @mospalilleiras. E terá lugar o vindeiro sábado 20 de xuño a partir das 11.00 horas da mañá.
Despois da de Camariñas, esta xuntanza é a única destas características de toda Galicia e por suposto de toda a provincia de Pontevedra.
Desde o pasado 31 de maio a Asociación de Palilleir@s de Mos (organizadora do evento), que preside Montserrat Pereira Troitiño, leva preparando esta Xuntanza Virtual que se atopa agora en fase de ensaios xerais dos desfiles que o sábado poderán visualizarse sobre unha espectacular alfombra vermella no habitual enclave de Costoias.
A presidenta Montse Pereira declaraba a este respecto que “o vindeiro sábado en Costoias disfrutaremos de moitos vídeos, ilusión e moda… e non queremos que os espectadores se perdan nada desta I Xuntanza Virtual Palilleiras e Labores de Mos. Ademais quixemos nesta ocasión que o ánimo...a ilusión...o encaixe...e a cultura...non decaíran a pesares da crise sanitaria do Covid 19”.
O programa de actos a desenvolver virtualmente ao longo de toda a xornada do vindeiro sábado será:
- 11.00 horas - Vídeos de benvida ao Concello de Mos, e d@s palilleir@s, asociacións e amig@s galegos e do resto de España.
- 12.30 horas - Vídeo Tutorial “Capricho de Bolillos” de Elena Pérez coa colaboración de Aurora Ramos.
- 13.00 horas - Saúdan as institucións: a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro.
- 13.30 horas - PalillaMos desde casa. (Vídeos de palilleiros e palilleiras de Mos palillando desde os seus fogares).
- 14.00 horas - Tempo para comer.
- 16.00 horas - PalillaMos desde casa. (Vídeos de palilleiros e palilleiras de Mos palillando desde os seus fogares).
- 16.15 horas - Homenaxe á Palilleira de Mos de máis idade.
- 16.30 horas - Disfrutamos de Encaixes Internacionais.
- 17.30 horas - Exposición “Camiño do Enacixe" Ana Rosa Lista. Ames Galicia.
- 18.00 horas - Desfiles: * DesfilaMos *”Esmorga do Fío” a cargo de Xelís Luaces. Muxía.
- 19.30 horas - PalillaMos desde casa. (Vídeos de palilleiros e palilleiras de Mos palillando desde os seus fogares). En total participarán un total de 35 palilleiros e palilleiras mosenses ao longo do día.
- 20.00 horas - Clausura da I Xuntanza Virtual de Palilleiras e Labores de Mos, un día de bolillos en formato virtual.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58