Domingo, 22 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 21 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Vodas en Mos a ritmo de Capoeira

Esta semana, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, oficiou a primeira voda civil do municipio desde que se desatou a crise sanitaria do COVID-19

O regreso á nova normalidade fai retomar moitas das actividades que quedaran interrompidas polo estado de alarma derivado da crise sanitaria do COVID-19. Unha delas foron as ceremonias de casamento.

 

No Concello de Mos celebrouse o pasado venres a primeira voda civil desde que se desatara a pandemia e fíxose a ritmo de Capoeira. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, oficiou ás 12.00 horas no Pazo de Mos o casamento de dous mozos practicantes desta disciplina, polo que o noivo recibiu á noiva tocando o berimbau e cantando unha cantiga de Capoeira.

 

Os contraíntes son veciños de San Antoíño, parroquia de Louredo, e nados en Perú e Brasil, respectivamente. Estiveron acompañados de cadansúas familias (respectando o máximo de convidados establecido por lei para esta nova normalidade condicionada polo COVID-19) e a súa mascota foi a encargada de levarlles as alianzas.

 

[Img #63394]

 

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou “o emocionante que é retomar unha actividade tan fermosa e emotiva como é o oficio das vodas civís, na que celebramos o amor entre dúas persoas e o amor da familia e dos amigos”, e declarou sentirse “satisfeita de que pouco a pouco todo vaia volvendo á normalidade e no Concello poidamos ir retomando actividades tan gratificantes coma esta, que son de tanta relevancia na vida das persoas e fan tan feliz á veciñanza mosense”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.