Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 25 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar prepárase para afrontar os incendios forestais deste verán

O concello de Gondomar dá luz verde ao Plan Municipal de Defensa Contra Incendios Forestais e convértese así nun dos primeiros concellos de Galicia en asumir esta responsabilidade cun texto cuxo obxectivo primordial é debuxar a realidade da superficie do municipio facilitando os datos necesarios para poder actuar en materia de prevención e en defensa de incendios forestais

Neste sentido o rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, subliña que “demos un paso moi importante porque, ademais de situarnos entre os primeiros concellos en telo, adaptámonos aos criterios esixidos pola lei autonómica nesta materia”. Engade que “a historia nos lembra cada ano a necesidade de dotarnos de medios e ferramentas para reducir máximo o risco dos incendios forestais, un grave problema para a nosa comunidade nas últimas décadas”.

 

O Plan Municipal de Defensa Contra Incendios Forestais de Gondomar, publicado esta semana no BOPPO, busca delimitar, xestionar e identificar as faixas de biomasa que rodean os núcleos de poboación e controlar o seu correcto mantemento, garantindo a maior limpeza e limitación “para reducir a propagación dos incendios, ou no caso de que se produzan minimizar ao máximo as súas consecuencias”.

 

Segundo a lexislación actual os propietarios das parcelas están obrigados a xestionar a vexetación nunha faixa de 50 metros a chan urbano, de núcleo rural e urbanizable, ao redor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixos ou gasolineiras situados a menos de 400 metros do monte, entre outros ámbitos. Con carácter xeral, nas mesma faixa de 50 metros non poderá haber árbores, como eucalipto e diferentes variedades de piñeiro.

 

En atención ás especiais circunstancias derivadas do estado de alarma sanitaria declarado pola pandemia da COVID-19, as persoas responsables dispoñerán ata o 16 de xullo de 2020 para cumprir voluntariamente a súa obrigación de xestionar a biomasa nas parcelas afectadas por redes secundarias de faixas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.