Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 22 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos inicia a programación municipal conmemorativa do Orgullo LGBTI

A primeira conversa realizarase mañá ás 12.00 horas en directo desde o Instagram do Concello entre Alba Alonso, mestra experta en igualdade, e Alem, mozo trans moi vencellado a Mos

Mañá comeza a programación municipal conmemorativa do Día Internacional do Orgullo LGBTI, que se celebra o 28 de xuño, (e que constará de actos virtuais na súa totalidade por mor da COVID-19), coa iniciativa “Conversas pola Diversidade”.


[Img #63420]A primeira conversa terá lugar mañá, martes 23 de xuño, ás 12.00 horas a través da conta de Instagram do Concello de Mos, e consistirá nunha entrevista en directo realizada por  Alba  Alonso Feijóo (mestra, experta en igualdade e autora de literatura infantil trans) e  con Alem (mozo trans, moi vinculado ao noso Concello) como protagonista entrevistado.


Nesta entrevista falarase, de xeito cercano, sobre as vivenzas dunha persoa do colectivo LGBTIQ+,  neste caso en concreto dunha persoa trans. Alem axudaranos a comprender como se vive sendo trans nunha sociedade onde o máis visible segue sendo considerado como a norma, o correcto.


Falarase tamén de bullying de xénero e transfobia, de estereotipos de xénero, das diferenzas entre orientación sexual e identidade e de moito máis. Pero sobre todo falarase de empatía, de compresión e de autenticidade. Porque se algo desexamos dende o Concello de Mos é que toda a veciñanza, en especial crianzas e mocidade, poidan ser eles mesmos dende o primeiro minuto das súas vidas.


Como día a conductora da entrevista, Alba Alonso, desde o seu proxecto Realkiddys, “non hai nada máis bonito e auténtico que ser ti”. Desde o Concello anímase a que o sexan, a ser un mesmo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.