Jueves, 26 de Febrero de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Febrero de 2026 a las 19:03:30 horas

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán adicará os 40 axentes a pechar as praias no San Xoan

30 axentes da Garda Civil, 22 da Policía Local, 23 voluntarios de Protección Civil e unha patrulla do Servizo Marítimo e do Seprona vixilarán desde ás 12:00 horas de mañá ás 8:00 do día 24 todas as praias e calas de Nigrán

O Concello de Nigrán disporá desde ás 12:00 horas de hoxe dun amplo dispositivo de vixilancia para evitar calquera posible celebración do San Xoan nas súas praias. Un total de 30 axentes da Garda Civil, 22 da Policía Local, 23 voluntarios de Protección Civil, unha patrulla do Servizo Marítimo e outra do Seprona integrarán este operativo que inclúe o desaloxo de todos os areais do municipio (tamén calas) desde as 21:00 horas de mañá ata as 8:00 do propio día 24. A pasada semana o Concello lanzou a campaña #VemonosNoSanXoan2021 para concienciar á cidadanía da imposibilidade de acudir a festexalo á praia de Panxón, polo que a previsión é que a penas se desprace xente con este propósito pero, por precaución e responsabilidade, establecerase este dispositivo.

 

Así, desde as 12:00 horas de hoxe axentes da Policía Local e de Protección Civil vixilarán que non acudan persoas ás praias do municipio con palas ou material para facer fogueiras ou botellón e, durante todo o día, informarán por megafonía de que ás 21:00 horas se procederán a desaloxar e precintar todos os areais impedindo o acceso ata ás 8:00 horas do 24 de xuño. Durante a noite todas as forzas e corpos de seguridade controlarán que non se realicen festexos nas praias e, precisamente, co obxectivo de facilitar esta vixiancia, o ecosistema dunar de Praia América-Panxón será iluminado como de costume nesta data con potentes focos. Os operarios municipais e unha brigada de Cespa estarán mobilizados na mañá do 24 por se fose preciso requirir o seu servizo de limpeza.

 

 

 

 

As dunas de Panxón serán iluminadas como de costume e unha brigada de Cespa e a totalidade dos operarios municipais estarán dispoñibles por se fose preciso

 

 

 

 

“Paciencia, Cariño e Calma, o San Xoan regresará no 2021 se entre todos tomamos todas as precaución que agora hai que tomar, actuemos con conciencia social e sentido da responsabilidade cumprindo as normas sanitarias como ata agora fixemos”, subliña o alcalde, Juan González, quen invita este  ano a festexar San Xoan en familia, de feito, o Concello rexistrou finalmente 15 petición de fogueiras, todas elas particulares.
Sesión Vermú

 

O Concello, ante a situación excepcional deste ano, ofrece unha programación alternativa de San Xoan con actividades divulgativas como un roteiro para a identificación das tradicionais herbas aromáticas na tarde de mañá en Camos e un concerto da Banda de Música de Vincios o propio 24 no peirao de Panxón. Así, a banda sairá as 12:00 horas do Porto Pesqueiro para percorrer as rúas Mariñeiro ou Jesús Espinosa e, posteriormente, realizar un concerto ás 13:00 horas no inicio do Paseo Marítimo (ao carón do porto pesqueiro). Esta actuación encádrase no programa municipal ‘Música nas Parroquias’ que ofrece unha actuación en sesión vermú na festividade de cada parroquia de Nigrán, xa que na maioría dos casos nin haberá verbena por mor das circunstancias sanitarias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.