Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 26 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

Tui entrega quince máquinas de ozono aos centros culturais para a súa desinfección

Nos próximos días colocará tamén nestas instalacións dispensadores de xel hidroalcohólico

O Concello de Tui fixo entrega esta semana aos centros culturais das distintas parroquias de quince máquinas de ozono para que poidan proceder á desinfección das súas instalacións. Entre as medidas que adoptou a corporación municipal dende o inicio do estado de alarma estaba a adquisición deste equipamento.  Ao acto de entrega desta mañá asistiron o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e os concelleiros do PP, José Ángel Villaverde e do BNG, José Martínez Tato.


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou aos representantes dos distintos centros culturais que coa aportación deste material dende o Concello queren contribuír á tomar as medidas preventivas precisas. Informou amais que nos próximos días instalarán dispensadores de xel hidroalcohólico nos accesos dos centros cultural, así coma nos parques infantís para que “se poidan utilizar cantos medios sexan posibles para evitar a transmisión” indicaba o rexedor tudense.


Pola súa parte o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, foi o encargado de explicar o funcionamento das máquinas de ozono. Teñen capacidade para desinfectar unha superficie de até 100 metros cadrados nun tempo e até hora e media. Insistía o edil na importancia de tras a desinfección ventilar ben o local previo ao seu uso, e tamén evitar que no momento da desinfección non haxa equipos informáticos na sala.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.