SALUD
A Xunta lanza o programa ‘a restauración galega sen glute’
A Administración autonómica investirá 48.000 euros, que permitirá aos establecementos acceder á formación e certificación de xeito gratuíto, aforrando os 50 euros que debían aboar ata agora
A conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou coa Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) o convenio para lanzar o programa A restauración galega sen glute, mediante o que se formará en celiaquía a 400 locais de hostalería de Galicia.
O obxectivo principal deste acordo é a mellora da calidade de vida das 3000 persoas diagnosticadas con esta intolerancia na nosa comunidade. Así mesmo, procura eliminar os obstáculos cos que estas persoas se atopan no día a día fóra das súas casas. Para iso, busca crear unha listaxe de establecementos nos que poder consumir os seus produtos con seguridade e elaborados por profesionais formados na materia.
A Xunta investirá neste programa 48.000 euros, que permitirá que os establecementos de hostalería poidan acceder a esta formación e certificación de xeito gratuíto, aforrando os 50 euros que debían aboar ata agora.
Distinguirase cun selo, avalado polo Goberno galego, a aqueles establecementos de referencia na xestión de alérxenos
No marco deste acordo, Fabiola García visitou o restaurante compostelán A Curtidoría, que formará parte desta iniciativa. Alí explicou que a través deste programa distinguirase cun selo a aqueles establecementos de referencia na xestión de alérxenos.
Os locais con este distintivo, avalado polo Goberno galego, certificarán que cursaron unha formación sobre como elaborar un menú sen glute; se lle realizarán mostras e analíticas do menú cada seis meses; contarán con asesoramento técnico e información sobre provedores; e anualmente recibirán unha auditoría ou inspección no local para coñecer as necesidades do hostaleiro e valorar se necesita renovar a formación.
A conselleira de Política Social agradeceu o enorme labor pedagóxico desenvolvido por entidades como a Asociación de Celíacos de Galicia e tamén o compromiso dos hostaleiros, que permite avanzar na concienciación da sociedade galega e española sobre a celiaquía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148