Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 25 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A oferta para o vindeiro curso consolida a FP Dual na Provincia de Pontevedra

Ademais implántanse un curso de especialización para alumnado xa titulado

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a oferta de Formación Profesional para o curso 2020/2021, na que se consolida a FP Dual. Nesta modalidade ábrese matrícula en 15 proxectos na provincia de Pontevedra. Ademais, a oferta inclúe a implantación dun curso de especialización na provincia, dirixido a alumnado xa titulado, en concreto o de Fabricación intelixente, no IES Politécnico de Vigo.

 

A oferta de prazas en Pontevedra, na que se poderá formalizar a matrícula a partir de hoxe mesmo, contempla 9.436 prazas en primeiro curso en centros públicos (en números moi similares ao curso anterior), en 385 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 6.950 forman parte do réxime ordinario –2.707 en grao medio, 2.947 en grao superior, 1.116 en FP Básica e 180 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 1.593 son do réxime modular para persoas adultas –716 en grao medio e 877 en grao superior-, e 700 do réxime modular a distancia –150 en grao medio e 550 en grao superior-. No referido á FP Dual  ofértase un total de 193 (137 en grao medio e 56 en grao superior).

 

Como é habitual, a oferta de FP flutúa para adaptarse ás necesidades do tecido produtivo e ás características da poboación de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para as persoas tituladas. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios en diferentes centros, a maiores das novas incorporacións en materia de FP Dual.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.