SALUD
Os contaxiados pola COVID-19 en Galicia tiveron o dobre de posibilidades de sobrevivir
Un estudo matemático COVIDModel, realizado pola plataforma internacional #NoMorePandemics, calcula, por primeira vez, as taxas de mortalidade observadas en Galicia durante a crise do COVID-19
As persoas contaxiadas por COVID-19 tiveron o dobre de posibilidades de sobrevivir comparado co resto das persoas infectadas do resto de España, segundo analiza o estudo matemático COVIDModel realizado pola plataforma #NoMorePandemics.
O estudo matemático COVIDModel analizou as cifras de contaxios e mortalidade ofrecidas polo INE e o Instituto Carlos III para Galicia e comparounas coas rexistradas noutras comunidades autónomas, observando que para as persoas maiores de 74 anos, a probabilidade de falecer a causa do COVID-19 foi en Galicia dun 11,82%, case a metade que a media nacional, que chegou ata o 22,34%, debido ao perigo extra que supuxo noutras rexións a saturación sanitaria.
Esta diferenza entre as taxas de mortalidade en Galicia e noutras rexións, non foi tan acusada no caso de persoas menores de 65 anos, para as que a taxa de mortalidade observada en Galicia (0,14%) foi moi similar á media nacional (0,16%).
Do estudo elaborado por #NoMorePandemics despréndese que 11 de cada 100 persoas maiores de 74 anos infectadas por COVID-19 faleceron en Galicia durante a crise sanitaria. Tamén se conclúe que 1,4 de cada mil persoas contaxiadas menores de 65 anos faleceron en Galicia a causa do COVID-19, unha taxa de mortalidade que é 84 veces inferior que no caso de persoas maiores de 74.
![[Img #63488]](https://xornal21.com/upload/images/06_2020/9275_pasted-image-0.png)
A metodoloxía do estudo
O estudo COVIDModel puxo por primeira vez en relación o número de persoas infectadas do estudo do Instituto Carlos III coas mortes publicadas polo Instituto Nacional de Estatística, obtendo como resultado as taxas de mortalidade.
“A investigación reafirma a idea de que o colapso sanitario aumentou a probabilidade de que unha persoa infectada polo Covid-19 falecese. En efecto, obsérvase que as taxas de mortalidade máis altas corresponden a aquelas comunidades autónomas que tiveron os seus sistemas sanitarios máis saturados”, explica Jorge Serrano Paradinas, coordinador do estudo. “Este aumento da probabilidade de falecer provocada pola saturación do sistema de saúde foi moito máis acusado nas persoas máis maiores”.
O modelo matemático COVIDModel.es, desenvolto pola plataforma internacional #NoMorePandemics, ofrece información en tempo real sobre a evolución da pandemia en Galicia e ponse ao dispor das institucións, empresas e sociedade galega para a xestión da desescalada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148