Xornal21.es
Viernes, 26 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO
A AAVV San Benito entrega os premios Fidenciano Palacín
A Xunta directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián entregaron hoxe os Premios Fidenciano Palacín 2020, premios que otorga a Asociación de Veciños do Porriño ás persoas e colectivos que este ano contribuiran á mellora dos barrios e das persoas do Porriño.
Neste ano, o premio ao colectivo recaiu nos traballadores e persoal sanitario do Centro de Saúde do Porriño. Trátase dun premio altamente merecido pola súa gran labor de moitos anos, e especialmente, este ano coa crise sanitaria do Coronavirus. Tratase dun premio que toda a asociación quixo entregar para recoñecer a súa valente labor, as veces sen o material necesario e nun intre no que todo Porriño está reivindicando a mellora do Centro de Saúde. Por elo, e polo seu gran traballo, profesionalidade e como apoio á súa gran labor e reivindicacións necesarias, a AAVV San Benito, entregoulles hoxe a tódolos traballadores sanitarios do centro o premio elaborado polo escultor porriñés, Paco Candán. O premio foi acompañado dun agasallo gastronómico de doces porriñeses para que todos so traballadores poideran disfrutar do mesmo. O premio foi recollido polo médico Javier García Soidán, que recibiu con certa emoción, ao igual que o resto dos profesionais sanitarios.
Asimesmo, o premio á persoa máis comprometida do barrio, foi entregada este ano ao responsable de protección civil do Porriño, Jesús Vieito, coñecido socialmente como "Suso Carrola". Veciño do barrio de San Sebastián do Porriño, Suso Carrola foi sempre unha persoa moi comprometida que sempre axuda na organización de eventos sociais, nos problemas de seguridade, alertas ou calquer necesidade que teña a poboación do Porriño. Por eso, e pola súa incombustible labor de apoio social, a AAVV de San Benito decidiu entregarlle o galardón "Persoa máis comprometida" correspondente ao ano 2020.
A entrega destes premios tradicionalmente facíase nun acto da Asociación, pero este ano foi imposible pola situación sanitaria do coronavirus.

A Xunta directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián entregaron hoxe os Premios Fidenciano Palacín 2020, premios que otorga a Asociación de Veciños do Porriño ás persoas e colectivos que este ano contribuiran á mellora dos barrios e das persoas do Porriño.
Neste ano, o premio ao colectivo recaiu nos traballadores e persoal sanitario do Centro de Saúde do Porriño. Trátase dun premio altamente merecido pola súa gran labor de moitos anos, e especialmente, este ano coa crise sanitaria do Coronavirus. Tratase dun premio que toda a asociación quixo entregar para recoñecer a súa valente labor, as veces sen o material necesario e nun intre no que todo Porriño está reivindicando a mellora do Centro de Saúde. Por elo, e polo seu gran traballo, profesionalidade e como apoio á súa gran labor e reivindicacións necesarias, a AAVV San Benito, entregoulles hoxe a tódolos traballadores sanitarios do centro o premio elaborado polo escultor porriñés, Paco Candán. O premio foi acompañado dun agasallo gastronómico de doces porriñeses para que todos so traballadores poideran disfrutar do mesmo. O premio foi recollido polo médico Javier García Soidán, que recibiu con certa emoción, ao igual que o resto dos profesionais sanitarios.Asimesmo, o premio á persoa máis comprometida do barrio, foi entregada este ano ao responsable de protección civil do Porriño, Jesús Vieito, coñecido socialmente como "Suso Carrola". Veciño do barrio de San Sebastián do Porriño, Suso Carrola foi sempre unha persoa moi comprometida que sempre axuda na organización de eventos sociais, nos problemas de seguridade, alertas ou calquer necesidade que teña a poboación do Porriño. Por eso, e pola súa incombustible labor de apoio social, a AAVV de San Benito decidiu entregarlle o galardón "Persoa máis comprometida" correspondente ao ano 2020.
A entrega destes premios tradicionalmente facíase nun acto da Asociación, pero este ano foi imposible pola situación sanitaria do coronavirus.



























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102