Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 29 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta activará o 100% dos servizos de autobús o 1 de xullo

No caso dos servizos de transporte de viaxeiros interprovinciais de titularidade autonómica fíxanse nun mínimo do 80%

A Xunta de Galicia, a través dunha resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, establece que a partir do vindeiro 1 de xullo deberá repoñerse o 100% dos servizos de autobús de competencia autonómica que se realicen dentro dunha mesma provincia. No caso dos servizos que operen entre provincias, a oferta de expedicións debe situarse, como mínimo, no  80%.

 

O obxecto desta resolución é garantirlle á cidadanía o acceso aos principais servizos básicos e aos centros e traballo, unha vez superadas as restriccións de mobilidade derivadas da covid-19.

 

Así, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impulsa a recuperación dos servizos públicos de transporte de viaxeiros de titularidade autonómica, de xeito que acaden a súa normalidade plena os servizos intraprovinciais e os interprovinciais dean o paso a un nivel de prestación equivalente ao que actualmente xa estaban a prestar os primeiros.

 

 

 

 

A resolución da Dirección xeral de Mobilidade busca adecuar a oferta de transporte público ás actuais necesidades da poboación unha vez superadas as restricións de mobilidade derivadas da covid-19

 

 

 

 

De acordo coa resolucion, que nos vindeiros días sairá publicada no Diario Oficial de Galicia,
o volume dos servizos de autobús que desenvolvan a súa actividade dentro dunha mesma provincia deberán prestarse segundo as condicións das concesións e contratos vixentes, recuperando así o 100% da oferta.

 

En canto os servizos públicos de transporte de viaxeiros de uso xeral que teñan tráficos interprovinciais, as concesionarias deberán adaptar tamén a súa oferta para a prestación dun mínimo do 80% dos servizos que deberían prestar en condicións de normalidade. O obxectivo é garantir á cidadanía o acceso aos principais servizos básicos e centros de traballo.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade desenvolve así as medidas aprobadas na orde aprobada o pasado día 6 de maio para os servizos de transporte público de viaxeiros de titularidade autonómica, co obxectivo de realizar unha transición progresiva ao levantamento das restricións por mor do covid-19.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.