Sábado, 21 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 26 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Emotivo recoñecemento aos Voluntarios de Protección Civil e Mos Axuda

Toda a corporación Municipal de Mos quixo sumarse ao agradecemento e recoñecemento para estes 27 homes e mulleres traballaron de forma desinteresada durante os peores momentos da pandemia

 

 

Mentres que todos estábamos confinados na casa, con preocupación, medo e incertidume, houbo un grupo de voluntarios que fixeron un traballo igual de silencioso que de efectivo e foi gracias a isto que moitas persoas seguiron recibindo unha atención vital e imprescindible, que, sen esta axuda desinteresada, non sería posible.

 

Son un grupo de 27 homes e mulleres que "aparcaron" o medo, a familia ou mesmo a posibilidade de ser contaxiados, para prestar axuda aos máis vulnerables, dende persoas que necesitaban alimentos ata realizar desinfeccións ou traslados de pacientes COVID.

 

[Img #63541]

 

Un sinxelo acto celebrado no Pazo de Mos rendeulles o merecido recoñecemento en presencia dos membros da Corporación Municipal, Policía Local, Garda Civil,  Servizo Municipal de Emerxencias, Protección Civil e Mos Axuda. Foi un evento con aforo limitado, distancias social e tódalas medidas preventivas de seguridade ante o COVID-19.

 

Así con este acto homenaxe, de recoñecemento e agradecemento, aos colectivos que axudaron desinteresadamente ao Concello de Mos na crise sanitaria do COVID-19, perchábase unha atípica Festa da Rosa 2020.

 

 

“Estamos en débeda con eles"

 

[Img #63529]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo quixo destacar “o gran labor dos homenaxeados durante os momentos máis duros da crise sanitaria, entregándose por completo á causa, priorizándoa sobre as súas vidas persoais, sen pedir nin recibir nada a cambio máis que gratitude; e sendo o motor da gran cadea humana que integrou o operativo do COVID-19 en Mos”.

 

A rexedora municipal insistiu visiblemente emocionada en que “esta homenaxe é o mínimo que podemos facer para compensar o traballo altruista e desinteresado, a prol dos máis vulnerables do municipio pero tamén da poboación en xeral, destes homes e mulleres que estiveron durante tres meses ao pé do cañón ao carón do Concello, activos día e noite, tendéndolle a man aos demais”. “Estamos en débeda con eles e con este acto queremos demostrarlles o moito que valoramos o seu papel nesta crise sanitaria”, concluíu.

 

[Img #63521]

 

A concelleira de Cultura, Turismo e Política Social, Sara Cebreiro tamén tivo palabras de agradecemento para a improtante labor que fixeron dende Mos Axuda, colectivo que fixo chegar alimentos básicos e productos de primeira necesidade á poboación que por diferentes motivos non tiña acceso a eles durante o confinamento.

 

 

Leo Costas concelleiro responsable de Medio Ambiente e do Servico de Emerxencias tamén tivo palabras de agradecemento, tanto para o Coordinador do Servizo de Emerxencias coma para todos os voluntarios e voluntarias que integraron este servizo especial, no que houbo máis de 1.000 intervencións. Dixo estar "sorprendido" pola enorme capacidade de traballo destes voluntarios e pola súa labor.

 

[Img #63528]

 

O Xefe do Servizo Municipal de Emerxencias, Rodrigo Iglesias, moi emocionado, quixo tamén destacar o labor dos corpos e forzas de seguridade, Policía Local e Garda Civil cos que traballaron "codo con codo" en situacións moi difíciles e complicadas. Agradeceulle tamén a colaboración dos empregados municipais e os voluntarios de Protección Civil nestes tres duros meses.

 

[Img #63530]

 

Dende a Policía Local lembraron ao mesmo tempo a importante labor de Rodrigo Iglesias ao fronte do Servizo de Emerxencias alagando o seu traballo polifacético e de enorme valía "tanto para un roto coma para un descosido" sinalaba o portavoz da Policía no seu turno de palabra. O axente finalizaba a súa intervención cun xesto de agradecemento aos voluntarios "son boa xente" dixo.

 

[Img #63525]

 

Pola súa parte Santiago Iglesias, presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, agradeceu o labor das voluntarias e voluntarios ao tempo que destacaba que "os verdadeiros heroes son os sanitarios". Iglesias tamén deixou claro que "isto inda non rematou" e fixo un chamamento a prudencia e a seguir as recomendacións sanitarias vixentes "para non volver atras".

 

Santiago Iglesias facía un chamamento a  ser prudentes "isto inda non rematou"

 

O finalizar o acto todos os homenaxeados, corpos de seguridade e membros da corporación fixeron unha foto de familia xunto aos vehículos de intervención na que quedou inmortalizado este importante día.

 

[Img #63523]

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.