O PORRIÑO
O Porriño non realizará campamentos este verán
Os concellos de Tui, Salvaterra de Miño, O Porriño, e Salceda de Caselas decidiron non organizar este ano os campamentos de verán para nenas e nenos, para garantir a súa seguridade e ante as limitacións de aforo nesta nova normalidade. A decisión únese á da Deputación de Pontevedra, que xa decidira suspender os seus, e segue a liña de actuación da Xunta de Galicia, que por seguridade mantén pechadas as escolas infantís e os colexios.
As normas para a realización destas actividades recollen a necesidade de gardar distancias de seguridade, uso de medidas de protección e un número máximo de 15 participantes por actividade, o que imposibilitaría dar entrada ás mesmas a moitas das crianzas interesadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102