Martes, 27 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 29 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Smartpeme pon en marcha outros seis obradoiros online

Ata o 3 de xullo o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre optimizacións de imaxes, ferramentas de chat ou ciberseguridade

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta na vindeira semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

 

A semana comezará este luns co obradoiro “Mellora a túa presenza online promocionando as entradas do teu blog”, ás 13:00 horas, a cargo de Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas. De cara ao martes 30, realizaranse dous obradoiros, ás 12:00 o enxeñeiro informático José Luis Taboada impartirá “Consideracións á hora de crear o meu modelo de negocio” e pola tarde, ás 17:00 horas, será a quenda de “Optimización de imaxes: Mellora a velocidade da túa web”, a cargo de Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.

 

O mércores 1 de xullo, a partir das 12:00 horas terá lugar “Ferramentas de chat e atención ao cliente”, que impartirá a licenciada en Publicidade e Relacións Públicas Fátima Faílde. No que respecta ao xoves 2, ás 17:00 horas, Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, desenvolverá o obradoiro “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest”; e, para rematar a semana, o venres 3 ás 12:00 horas chega “Ciberseguridade – Por que necesito unha VPN? Configuración básica”, a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D.


 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.