Sábado, 21 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 29 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Fabiola García e Nidia Arévalo participan nun encontro sobre discapacidade

Sinalan que conseguir unha sociedade máis inclusiva foi e seguirá sendo unha prioridade nas axendas dos gobernos do PP

A alcaldesa de Mos e voceira local do PP, Nidia Arévalo, participou xunto á Conselleira de Política Social, Fabiola García, nun encontro sobre discapacidade con diferentes entidades locais, entre os que se encontraban representantes de Asodifisi, das Esclavas Virgen Dolorosa, Doral Residencias e Cogami.

 

Durante o encontro, destacaron a importante labor social que realizan nestes centros, e a calidade dos coidados que reciben os seus usuarios. Ademais, recordaron que conseguir unha sociedade máis inclusiva foi e seguirá sendo unha prioridade nas axendas dos gobernos populares.

 

Nesta liña, incidiron en que o avance social, económico e dos servizos públicos debe realizarse sempre incorporando medidas axeitadas para que as persoas con discapacidade ou con necesidades educativas especiais poidan, desde a súa autonomía e independencia, incorporarse a este progreso durante toda a súa vida.

 

Así, destacaron que o sistema educativo galego é o máis inclusivo de toda España. Segundo a última estatística do Ministerio, Galicia é a comunidade autónoma que ten a maior porcentaxe de alumnado con necesidades educativas especiais integrado en centros ordinarios: o 92,7% do alumnado con NEE está integrado, o que favorece a igualdade de oportunidades.

 

No encontro, tamén se referiron aos programas de vida independente, ao acompañamento domiciliario para a inclusión, o bono social ou  a inserción laboral das persoas con discapacidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.