Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 03 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
Tui

Entrega de novos composteiros individuais

Os interesados poden enviar a súa solicitude ao Concello de Tui

Rcentemente tivo lugar no Centro Municipal de Formación en Guillarei unha nova entrega de composteiros individuais por parte do Concello de Tui.  Previa a entrega deste material a mestra composteira, Sara Luque, impartiu unha charla sobre a compostaxe e a utilización e montaxe dos composteiros, na que se gardaron todas as medidas de seguridade do protocolo da COVID-19. As cinco persoas participantes na entrega recibiron tamén unha guía de compostaxe e ferramenta para axudar nos traballos de remexido dos materiais

 

Os composteiros son entregados en réxime de cesión de uso para a súa colocación en vivendas no termo municipal de Tui. Realízase un rexistro dos usuarios e ao menos dúas veces ao ano a mestra composteira realiza unha visita para comprobar o funcionamento e resolver posibles dúbidas que poidan ter os veciños e veciñas.

 

O Concello de Tui continuará coa entrega de composteiros individuais, realizándose en grupos reducidos coa correspondente charla, até esgotar as existencias destes elementos que ten nestes momentos.

 

As persoas interesadas e obter un composteiro individual deben cubrir o impreso de solicitude, dispoñible por medios electrónicos ou presentalo por rexistro de entrada na casa do concello ou na sede electrónica.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.