O PORRIÑO
Lorenzo: "non seremos complices que o concello pague máis do que corresponde"
Os populares piden que se inicie o expediente de tramitación da totalidade da facturación pendente de pago, que supera os 6,7 millóns de euros
"A arbitrariedade e o oscurantismo continúa imperando na xestión económica do Goberno Municipal do Porriño, que sen ningún criterio máis que o persoal e respaldado polos seus socios, pretende seguir decidindo que provedores cobran polos traballos prestados e cales non" segundo declaran dende o PP local.
"O executivo leva a pleno a aprobación dun credito extraordinario por importe de máis de 2,5 millóns de euros para dotar de partida un futuro recoñecemento de facturas pendentes de pago dos exercicios 2016, 2017, 2018 e 2019. Ante a solicitude dos populares dunha sesión extraordinaria na que se piden explicacións por facturación concreta xamais levada a pleno, elabórase un expediente "ad hoc" con facturas seleccionadas do mesmo xeito que foron contratadas, a dedo, omitindo que o montante total pendente de pago supera os 5 millóns de euros".
"Non hai intención algunha por parte do executivo nin dos grupos que o apoian de esclarecer o que está a suceder coa contabilidade municipal. Levamos anos denunciando que hai indicios que apuntan a que poderíamos estar frente a pagos por traballos que xamais se realizaron ou pagando máis do establecido", lamenta Alejandro Lorenzo, "Isto é obxecto de investigación xudicial e foi advertido en numerosas ocasións por técnicos municipais, pero o Goberno Municipal e os seus socios insisten en ocultar ao pobo esta realidade. Nós non imos ser cómplices".
"Falamos de facturación contratada de maneira verbal, directamente coas empresas, sen aterse en ningún momento ao procedemento de contratación pública que se fixo desaparecer da contabilidade municipal sen dar ningunha explicación dos motivos polos que se rexeitou, nin ter realizado procedemento algún para o seu pago ou desestimación" aseguran.
Tal e como fixo constar o Secretario Municipal na comisión informativa ante os representantes de todos os grupos municipais, o Pleno ten a obriga de tomar unha decisión sobre TODA a facturación pendente de pago. O técnico advertiu o que o grupo dos populares levan advertindo de maneira reiterada os últimos anos, que as facturas que son rexeitadas xeran intereses, responsabilidade patrimonial e un dano á facenda municipal.
"Insisten en descargar a súa responsabilidade no pleno para evitar que se revisen as contratacións", sinala Lorenzo, "Estamos ante facturas nulas de pleno dereito que non seguiron fiscalización algunha, por iso insistimos en que se valore a revisión de oficio de toda a facturación que persigue e garante que non se abonen excesos e sobrecustes que só obedecen á sistemática conduta do Goberno Municipal de realizar contratacións irregulares. Pretenden que consintamos que se pague máis do que corresponde e, de permitilo, estaríamos consentido unha posible malversación de fondos públicos".
"Cabe destacar, que o proceder do executivo e de quen os apoia non respecta a prelación de pagos e por tanto, está expoñendo á facenda municipal a ter que facer frente, a maiores, a posibles sancións" aseguran.
A postura que mantén o Partido Popular está "avalada polos informes dos técnicos municipais". Destacan os populares o informe emitido pola intervención municipal con data 23/06/2020 sobre o expediente que mañá se presenta a pleno, onde apunta que estas facturas "deben aboarse se procede, despois da tramitación de expediente de revisión de oficio".
Dito informe, foi rectificado tres días despois pola interventora alegando "un erro detectado" retirando esta afirmación, cuestión polo que os populares solicitan unha explicación por escrito dos motivos que empuxaron á intervención a facer esta rectificación .
Por todo o exposto, o Partido Popular do Porriño solicitará a través dun voto particular que o Goberno Municipal inicie o expediente de tramitación da totalidade da facturación pendente de pago, revisando cada factura e o procedemento que se seguiu para a súa contratación, así como os informes de Secretaría Municipal e Intervención sobre o procedemento a seguir.
"É necesario esclarecer dunha vez por todas a situación totalmente ilegal, anómala e irregular da contratación deste concello que ademais está causando un grave quebranto á facenda pública e un endebedamento desorbitado", conclúe Lorenzo, "O Porriño ten pendente de pago máis de 6,7 millóns de euros, notificado polo Ministerio de Facenda no primeiro trimestre deste ano, e estamos entre os tres concellos que máis debe e máis tarda en pagar a provedores de toda Galicia. Xa basta".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102