Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 04 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Concello comparte a guía elaborada por SOGAMA

Seguindo esta liña, retiráronse as papeleiras que había nas praias por recomendación sanitaria, para evitar sucidade e non reciclaxe e deixar maior espazo para as persoas

Dende o Concello do Rosal queren compartir a guía elaborada por SOGAMA ‘REinventa as túas vacacións de verán’, que recolle unha serie de consellos moi útiles para desfrutar dos nosos espazos naturais dun xeito máis sostible.


Seguindo esta liña, o Concello procedeu á retirada das papeleiras que había nas praias, xa que son varios os motivos que fan inadecuada a súa existencia:

 

  • Recomendación sanitaria. A propia Xunta no documento “RECOMENDACIÓNS E CRITERIOS SANITARIOS PARA A APERTURA E USO DAS PRAIAS UNHA VEZ SUPERADA A FASE III DO PLAN PARA A TRANSICIÓN CARA UNHA NOVA NORMALIDADE” suxire que os sistemas de depósito do lixo se sitúen fóra da zona de lecer. En toda as praias nas que se procedeu a retirada de papeleiras existen illas de contedores nas inmediacións.

 

  • Maior espazo para as persoas. As papeleiras ocupaban un espazo moi prezado cando o número de persoas era elevado, máis agora coas medidas de distanciamento social. Ademais, ninguén quere estar xunto a elas, polo que se creaba unha zona desaproveitada arredor.

 

  • Evitar espazos de sucidade e non reciclaxe. Dadas as características das papeleiras, é moi frecuente que os residuos depositados nelas saian voando e acaben dispersados pola contorna. Este feito é moito máis preocupante na zona de praias, xa que unha gran porcentaxe dos residuos rematan na auga. Ademais tamén atraen a animais que con moita facilidade ciscan o lixo fóra das bolsas. Por outro lado, os residuos que con máis frecuencia se desbotan nestas zonas son restos de embalaxes plásticos e metálicos, que son fraccións reciclables que ao ser mesturadas nas papeleiras van directas a vertedoiro.


O desfrute da nosa riqueza natural é perfectamente compatible co coidado desta. Que as únicas pegadas que deixemos na natureza sexan as dos nosos pés.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.