Redacción / Xornal21.es
Lunes, 29 de Junio de 2020 Tiempo de lectura:
Mos
A socialista mosense Verónica Costas Campo, pásase ao grupo dos non adscritos
O grupo municipal do PSOE de Mos quédase con catro concelleiros xa que unha das súas concelleiras pasa a formar parte do grupo dos 'non adscritos' na corporación.
Verónica Costas Campo, veciña da parroquia de Torroso e de 40 anos de idade, deu hoxe o paso no primeiro pleno presencial trala pandemia que tivo lugar no pazo de Mos ás 10:00 h.
Da este paso "Tras meditalo moito", aseguraba, e continuaba decindo que "é unha situación incómoda para alguén que apostou por unha opción política que lle vén de familia, xa que todo o mundo a coñece por ser a filla de Emilia e defensora sempre das ideas do partido socialista".
Desexou sorte aos seus compañeiros pero indicou que non se sentía cómoda pertencendo ás filas políticas dos socialistas de Mos, indicando a súa vez que se sentiu "totalmente desprazada" e que "nunca a tiveran en conta".
Argumentou que tampouco o fai por cartos "como sabe que veñen dicindo os seus compañeiros en diferentes grupos", nin tampouco por invidia a súa ata agora compañeira e voceira, Vitoria Alonso, Deputada Provincial.
Finalizou a súa intervención deseándolles sorte os seus xa excompañeiros de partido e ocupando o seu novo lugar no pleno.
Pola súa parte, o PSOE, no pleno non fixo declaracións ao respecto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58