GALICIA
A Xunta pon en marcha o fondo de enerxía para autónomos e pemes
Destaca que este fondo permitirá mobilizar máis de 41 M€ e uns aforros económicos que superarán os 9 M€ nas facturas enerxéticas anuais
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte na rolda de prensa do Consello a posta en marcha do Fondo de enerxía para autónomos e pemes que, dotado con 17,15 millóns de euros, terá como obxectivo impulsar a competitividade empresarial mediante axudas para o fomento das renovables e da eficiencia enerxética.
Deste xeito, prevese unha mobilización de máis de 41 millóns de euros e uns aforros económicos de máis de 9 millóns de euros nas facturas enerxéticas anuais; ademais dun aforro enerxético cada ano equivalente ao consumo eléctrico de 38.000 fogares.
Máis polo miúdo, o titular da Xunta explicou que este fondo contemplará 3 liñas. A primeira destina 2,6 millóns de euros para apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables térmicas destinados a empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas locais mediante concorrencia competitiva. Apoiaranse proxectos de biomasa, xeotermia, aerotermia e solar térmica.
Tamén subliñou que se activará a segunda liña, dirixida a proxectos de fotovoltaica para autoconsumo, que contará cun crédito de 4,5 millóns de euros. No tocante á terceira liña, salientou que destinará 10 millóns de euros para apoios de aforro e eficiencia na industria e nos servizos.
“Con estas medidas imos intentar rebaixar os custos enerxéticos de multitude de autónomos e de pequenas e medianas empresas en Galicia”, concluíu o presidente da Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136