Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 18:38:33 horas

Xornal21.es
Martes, 07 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Os vertedoiros incontrolados invaden Ponteareas

Medio Ambiente pide denunciar ós e das responsables dos vertedorios incontrolados

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, atopou un novo vertedoiro incontrolado no Confurco. Rosa Covelo solicita a colaboración cidadá para atopar aos e ás responsables destes vertidos que supoñen un atentado para o medio ambiente pero tamén unha falta de consideración e respecto polos bens comúns e polo resto da veciñanza.

 

Rosa Covelo adianta que se abrirá unha investigación que conlevará unha sanción unha vez que se atope ao ou á culpable dos feitos.


"Non podemos seguir consentindo este tipo de actitudes que obrigan ao resto da veciñanza a convivir con residuos indesexados xa que o servizo de recollida de lixo ten unha programación semanal que non se pode estar alterando contínuamente para retirar os vertedoiros incontrolados. Todos e todas xuntas debemos atopar aos responsables e facilitar ao Concello todos os datos posibles que axuden na investigación", explica a concelleira.

 

A cidadanía pode contactar co departamento de Medio Ambiente no número de teléfono 986 64 00 00 e solicitar cita previa ou enviar un correo electrónico ao enderezo medioambiente@ponteareas.gal

 

Rosa Covelo recorda que a cidadanía dispón dun punto limpo e do servizo de recollida de enseres totalmente gratuítos cos que poden contactar no número de teléfono 986 640 307 para desfacernos dos mobles voluminosos sen ter que movernos da casa ou achegándoos ás instalacións do punto limpo. Previa solicitude poderemos deixar os nosos enseres xunto aos contedores cada xoves desde ás 21 horas ata o venres ás 06:00 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.