PONTEAREAS
Os veciños de San Roque cansos dos "incumprimentos do goberno municipal"
"Esta obra súmase a outras onde o Concello demostrou a súa nula xestión, como na Avenida de Galicia, que estivo pechada máis de 4 meses, e Rosalía de Castro, que segue afundíndose por todos os lados" denuincian dende ACIP.
"Xa van 10 meses e seguimos na mesma. Unhas obras que segundo o cartel sería dun tempo de execución de 3 meses, imos camiño dun ano" sinalan dende ACIP.
"Moita propaganda e nula xestión no control e supervisión das obras municipais", destaca Juan Carlos González Carrera Portavoz Municipal de ACiP. "Non se trata dun caso, senón que unha mais".
A rúa San Roque é un caso máis de abandono na entrada do pobo, mais cando transcorren moitos veciños que residen e que circulan pola mesma "sen ningún tipo de seguridade, pois a mesma atópase sen valar, con fochas e gabias desde fai mais de 10 meses".
"Cabe resaltar que todo comezou coa adxudicación un pouco estraña a unha empresa chamada “Nexia” por importe máis de 122.000 euros. Un importe considerado polos técnicos como unha baixa temeraria, pois a mesma realizase de forma que o Concello renuncia a pedirlle un seguro de responsabilidade civil de execución de obra, o que evitaría a situación actual baixo a cobertura de devandito seguro de responsabilidade civil. Haberá que preguntarlle ao Sr. Represas por que non o pediu e mesmo lle adxudica outras obras".
"O Goberno BNG-PSOE son os únicos responsables dunha situación que non tiña que ocorrer se se fixese como mandaban os pregos, os veciños están fartos os días de choiva, a auga arrastra as terras da obra e invaden a rúa Castelao poñendo en perigo a circulación viaria e peonil, pero o Concello mira para outro lado" indica.
"Outra ilegalidade da obra é que o Alcalde recoñeceu que esta empresa non lle daba garantías, pero aínda así adxudicáronlle a obra incumprindo novamente o contrato, pois a empresa subcontratou ilegalmente sen comunicar ao Concello, sendo obrigatorio pola lei de contratos a execución pola empresa contratante da totalidade da obra, e dita subcontratación subcontrato una cunha empresa local, a cal realizou as obras executadas ata o momento mentres non detectou a estafa, non recibindo un euro dos mais de 60.000 euros que lles deben" asegura.
"A empresa adxudicataria certificou e escapou con máis de 90.000 € do Concello, e a empresa local estafada comunicou ao Alcalde dita situación, dando el mesmo a calada por reposta, ese é o apoio que o goberno BNG-PSOE ás empresas locais" explicand ende ACIP.
"Outra mentira mais do goberno cando a finais de ano comunica aos veciños que en 2 meses estará todo resolto, estando en xullo, e a situación é a mesma. Primeiro quita unha nova adxudicación da obra facendoa directa por invitación ás empresas que o Alcalde quere, e posteriormente anúlaa véndose obrigado a volver confeccionar unha nova adxudicación pública nos pasados días".
"Unha nova chapuza e irregularidade do goberno local que quería adxudicar a dedo o resto da obra a algunha das empresas que traballan directamente para este goberno" engaden dende ACIP.
Por último sinalan que "de todos os empresarios do sector de construción era coñecido as malas prácticas desta empresa, xestionada por un administrador que anteriormente arruinara a outras dúas empresas e que a súa mala praxe é concursar en obras, gañalas á oferta máis baixa, para posteriormente non pagar aos seus provedores e escapar co diñeiro das certificacións. En definitiva, estafar e deixar sen cobrar ás empresas locais".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163