Tui
Tui acolle dende hoxe as probas da ABAU para o alumnado do Baixo Miño
Hoxe martes 7, mércores 8 e xoves 9 de xullo, o novo pavillón deportivo municipal de Tui acolle aos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato do IES A Sangriña da Guarda, do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, do IES San Paio e do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, para a realización das probas da ABAU.
No pavillón está xa todo preparado para acoller ao alumnado conforme as medidas de seguridade establecidas. Este ano debido á pandemia da COVID-19 descentralizáronse as probas de acceso á universidade evitando así grandes aglomeracións e permitindo gardar a distancia social establecida.
A Universidade de Vigo e o Concello de Tui coordinaron a montaxe de todo o mobiliario necesario para a celebración das probas, así como o establecemento dun protocolo diario de desinfección e limpeza dos mesmos.
De xeito xeral en toda Galicia, os alumnos e alumnas deberán levar obrigatoriamente máscara e terán limitado o número de obxectos que poderán levar consigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60