Jueves, 26 de Febrero de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Febrero de 2026 a las 22:02:23 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 04 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

David Regades visita Nigrán

O alcalde, Juan González, recibe a visita de David Regades e membros da candidatura e denuncia que Nigrán “non existe no mapa de Galicia que Feijoo ten no seu despacho”

A candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra visitou o Concello de Nigrán, onde mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde, Juan González, e membros do grupo municipal para coñecer de primeira man as necesidades dun dos municipios que é referencia do turismo galego e da marca Rías Baixas. O secretario xeral provincial, David Regades, amosouse sorprendido polo nivel de ausencia do Goberno galego nun concello tan relevante.

 

Regades incidiu no cambio que supuxo a chegada de investimentos ao polígono de Porto do Molle a través do Consorcio da Zona Franca de Vigo, no que están comprometidos 6 millóns de euros este mesmo ano para a construción dun complexo de naves de aluguer. “Agora é o momento de dalo cambio”, recalcou.

 

Juan González explicou que leva 5 anos pedindo á Xunta de Galicia a mellora do tramo urbano da estrada autonómica que entra na vila pola rúa de Otero Pedraio, sen recibir ningunha resposta. “Tenemos unhas beirarrúas que están completamente en ruínas e, se non son as peores dunha estrada autonómica en toda Galicia, pouco lle falta”. A fartura do alcalde de Nigrán, tras tanto tempo de xestións infrutuosas levoulle hai 3 meses a solicitar a transferencia desta vía, pero tampouco obtivo resposta algunha.

 

A obra de urbanización, cun custo económico estimado de 2 millóns de euros, será asumida polo Concello e irase executando na medida das posibilidades. Juan González insiste en que Nigrán non pode permitirse outros catro anos dunha Administración galega “cun Feijoo que ten un mapa de Galicia no seu despacho no que Nigrán non existe”.

 

David Regades subliñou que será unha nova Xunta, presidida por Gonzalo Caballero, a que atenderá as necesidades de Nigrán escoitando ao seu alcalde e dándolle á veciñanza a seguridade de que os investimentos autonómicos chegarán a este municipio en pé de igualdade co resto de concellos galegos. “O modelo caciquil da Xunta xa é cousa do pasado, hai que entrar no século XXI”, insistiu.

 

O alcalde concluíu que tras 5 anos á fronte deste municipio non pode citar colaboracións da Xunta de Galicia para resolver os problemas da veciñanza, mellorando os servizos, e o Concello viuse abocado a afrontar en solitario investimentos tan onerosos como o abastecemento de auga ou o saneamento, mentres a Xunta de Galicia dedícase só a recadar o canon de auga, un imposto oculto no recibo municipal, e que non reverte a Nigrán de ningún xeito

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.