Miércoles, 28 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 07 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Consorcio Provincial Contra Incendios e de salvamento máis preto da xestión directa

A Comisión xa comezou a traballar para a redacción da Memoria que analizará costes, aspectos xurídicos e a nova estrutura que suporá o cambio de modelo

O Consorcio Provincial Contra Incendios e de Salvamento, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% pola Xunta de Galicia, celebrou este pasado  venres a primeira reunión da nova Comisión Xurídico-Técnica que se encargará do seguimento do proceso para o paso da xestión indirecta á xestión directa do servizo.

 

Dita Comisión, cuxa creación decidiuse no último pleno do Consorcio do mes de maio, encargarase da realización da memoria relativa aos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros respecto ao novo modelo de xestión do servizo. Esta Memoria incluirá a descrición do Consorcio desde unha perspectiva funcional dos medios e efectivos que dispón; os aspectos xurídicos e técnicos para a subrogación dos traballadores/as e as necesidades da estrutura interna do persoal, amais do proceso de extinción do contrato coa empresa Matinsa que vence en 2021; e os relativos aos costes e aspectos financeiros do pase á xestión directa do servizo provincial.

 

A Comisión está integrada, por parte da Deputación de Pontevedra, polos deputados provinciais Carlos Font e Gregorio Agís, e por parte da Xunta polo Director/a de Emerxencias e Interior e o Director/a de Administración Local. A parte técnica da Comisión estará formada polo Secretario Xeral, o Interventor e a Xefa de Recursos Humanos da Deputación; e, no caso da Xunta de Galicia, polo Subdirector/a Xeral de Seguridade e Coordinación, o Subdirector/a de Planificación e Protección Civil e polo Xerente da Axencia Galega de Emerxencias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.