MOS
A escultura da emigración xa loce en Peinador
A Escola de Canteiros de Pontevedra doou este conxunto escultórico solicitado polo Concello de Mos para instalalo na rotonda en homenaxe aos emigrantes do municipio
Xa se atopa instalada na rotonda de Peinador a escultura homenaxe á emigración mosense, así o anunciaban hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, quenes declararon “que Mos está en débeda cos seus emigrantes e con esta escultura rendémoslles a homenaxe que merecen a todos e todas eles, en especial aos que marchararon para a Arxentina, que foi a parte máis importante”, e informaron de que “esta homenaxe hai que agradecerlla á Escola de Canteiros de Pontevedra, que nos fixo a doazón desta escultura que foi solicitada polo Concello de Mos á Deputación Provincial”.
Os representantes municipais, Arévalo e Augusto, explicaron así mesmo que “a nosa intención era celebrar a colocación desta escultura homenaxe cun acto público, pero non foi posible debido ás novas circunstancias derivadas da crise sanitaria do COVID-19”.
Fai unhas semanas que comezaban os traballos para a instalación na rotonda de Peinador do conxunto escultórico homenaxe á emigración doado ao Concello de Mos pola Escola de Canteiros de Pontevedra.
Con esta obra homenaxe á emigración que loce xa en Peinador cúmprese así a promesa contraída cos emigrantes mosenses en Bos Aires, de facerlles unha merecida homenaxe escultórica en pedra no seu municipio de orixe.
Este monumento á emigración está composto de dúas pezas escultóricas e está moi vencellado á historia e á realidade do noso Concello, por unha banda históricamente pola abundante emigración á Arxentina que se viviu entre a poboación mosense dende comezos do século pasado, e por outra, porque está situada nunha glorieta ao carón do aeroporto de Peinador, sendo os aeroportos os grandes centros neurálxicos das migracións poboacionais contemporáneas.
Este monumento está integrado por dúas pezas escultóricas: “Home de pé co seu fillo” e “Maleta” da Escola de Cantería de Pontevedra. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinaron un convenio para a doazón das esculturas, tras ser solicitadas polo Concello á administración provincial.
Trátase do monumento á emigración, composto de dúas pezas escultóricas, que a rexedora local mosense considera “moi vencellado á historia e á realidade actual do noso Concello, pola abundante emigración á Arxentina que se viviu entre a poboación mosense e porque está instalado nunha glorieta ao carón do aeroporto de Peinador. Ademais con este monumento cumprimos a promesa contraída cos emigrantes mosenses en Bos Aires”, dixo.
A alcaldesa destacou por último o gran traballo realizado pola Escola de Cantería de Pontevedra na execución desta escultura que ten por temática central a figura humana.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58