VIGO
Galicia en Común aposta en firme pola relocalización industrial
A candidata Iria Figueroa mantivo hoxe unha xuntanza con representantes da CUT para abordar a situación e as condicións laborais dos traballadores da fábrica de PSA Citroën de Vigo
Iria Figueroa, a número dous por Pontevedra da coalición Galicia en Común - Anova Mareas, mantivo este martes unha xuntanza cos delegados do sindicato CUT da fábrica PSA Citroën de Vigo. Nesta xuntanza estivo acompañada polos concelleiros da Marea de Vigo Rubén Pérez e Oriana Méndez.
Figueroa trasladou dende a coalición o seu ‘’compromiso pleno’’ cos traballadores en cuestións como a necesidade ‘’dunha mesa sectorial de automoción a nivel galego’’ ou que ‘’as axudas económicas que recibe PSA estean vencelladas ao mantemento do emprego’’.
A número dous por Pontevedra tamén fixo referencia ‘’ás condicións que existen actualmente en plena pandemia'' sinalando como ''inadmisible'' que se ''retome o ritmo de traballo pre-covid'' sumando isto ''ás condicións de altas temperaturas nas que o uso de mascarilla pode provocar desmaios ou accidentes''.
Pola súa parte o concelleiro da Marea de Vigo Rubén Pérez denunciou a situación de risco na que están ‘’as condicións laborais, seguridade e hixiene no traballo’’, sinalando que o ‘’esforzo urbanístico por parte da cidade ten que ter unha reesposta en igualdade en salarios e dereitos por parte da fábrica’’.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.140