O PORRIÑO
O PP asegura que "millóns de euros en facturas non foron levados nunca a pleno"
Os populares aseguran que "acreditaron hoxe que, en contra da mentira sostida no tempo do Goberno Municipal, non se iniciou procedemento algún desde o Concello para pagar facturas pendentes de pago dos exercicios 2017, 2018 e 2019"
O Partido Popular do Porriño asegura que "creditou hoxe en pleno que o groso da facturación pendente de pago, correspondente aos exercizos 2017, 2018 e 2019, nunca foi levada a pleno para o seu recoñecemento e que en todos estes anos o Goberno Municipal non iniciou ningún trámite para pagar a estes provedores".
Os populares explican que "desmontan así a mentira do executivo que acusaba ao Partido Popular de bloquear o pago votando en contra no pleno, aínda cando a competencia de pago é da Alcaldesa que só as ten que levar a pleno para o seu recoñecemento se son irregulares ou pendentes de exercicios anteriores".
"Hoxe demostrouse a facturación de 25 empresas que está pendente de pago nunca foi presentada a pleno para o seu recoñecemento, tal e como o Goberno Municipal aseguraba ás empresas e aos veciños do Porriño. Por fin se demostra que estas facturas, cuxa contía ascende a millóns de euros, era rexeitada polo executivo que ou ben a incluía na conta 413 ou directamente a retiraban da contabilidade municipal", explica Alejandro Lorenzo.
Co obxectivo de esclarecer "dunha vez por todas a situación totalmente anómala, ilegal e irregular da contratación do Concello do Porriño, que ademais está a causar un grave quebranto ao erario público e un endebedamento desorbitado", o grupo municipal popular solicitou este pleno onde se reclamaba información sobre as factura presentadas por 25 provedores.
Reclamaban que, para cada provedor, se adxuntase o expediente completo e o historial de facturas que se adeudan cos correspondentes partes de traballo así como os informes da Interventora Municipal e o Secretario, para sometera votación a incoación de revisión de oficio do expediente de facturación, pago ou crédito, ou sexa o que fora, segundo a normativa vixente e en base aos informes requeridos. Asimesmo, solicitabase a incoación de expediente de responsabilidade das persoas ou órganos de goberno que ordenaron ou consentiron a contratación irregular.
O pleno será convocado de novo cos mesmos puntos ao non aportar o Goberno Municipal a documentación requerida
"Esta facturación era rexeitada de maneira reiterada alegando a `ausencia de contrato´ como causa, sen remitir á empresa oficio algún onde indicara o motivo do seu rexeitamento", explica Lorenzo, "Hai empresas e entidades, como é o caso de Aceesca Emprego, que tras presentar facturas mensuais durante todo o ano 2017, agora se atopan con que as súas foron devoltas e non existen na contabilidade municipal, é dicir, pese a ter prestado o servizo e rexistrado a factura a día de hoxe o Concello non lles debe nada. É unha situación dantesca e moi grave".
Lorenzo mostrouse agradecido de que, despois de anos defendendo que se debe pagar aos provedores, ao prezo de mercado e acreditando que se prestou o traballo, por fin "os corporativos, excepto o grupo socialista, cheguemos a un acordo para determinar que se fai coas facturas pendentes de pago". Ata o de agora os populares reclamaron de maneira reiterada a revisión de oficio da facturación a fin de coñecer a realidade de cada procedemento e que fora facilitada a documentación.
"Nós insistimos en que queremos pagar aos provedores, queremos que as empresas cobren", insiste o concelleiro, "O Goberno Municipal está a facer que paguen xustos por pecadores para evitar dar explicacións sobre unha facturación que está a ser investigada ao haber indicios de ilegalidade".
Con todo, a proposta do PP solicitando a revisión de oficio ou o precedemento a seguir para abonar a facturación pendente, quedou sobre a mesa ao non ter aportado o Goberno Municipal a documentación requerida. "Siguen intentando esconder a verdade e xa non poden. Este pleno solicitouse en tempo e forma e tiveron máis dun mes para aportar a documentación", conclúe Lorenzo, "Pese á evidencia, a responsable de Facenda sigue mentindo pero as súas mentiras caen xa en saco roto".
Así, os 25 puntos do pleno debateranse de novo unha vez o Concello aporte toda a documentación requerida. "Agardamos que a Alcaldesa si estea presente nesa ocasión para explicar que aconteceu con estas facturas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102