VIGO
Equipos motorizados desinfectarán os parques en Vigo
Os equipos de seguridade e desinfección traballan xa desde o pasado mes de xuño no control do aforo e hixiene dos parques infantís, biosaudables e pistas deportivas de Vigo. O Concello de Vigo destina case 360.000 euros a estes traballos durante tres meses para cumprir a normativa do Covid-19
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou o parque infantil da rúa Venezuela aos equipos de seguridade e desinfección contratados para cumprir as medidas nos parques da cidade pola pandemia do Covid-19. Así, segundo indicou en rolda de prensa, o Concello destina un total de 356.776 euros aos protocolos para manter abertos os parques infantís, os biosaudables e as pitas deportivas durante a presente crise sanitaria.
“Actúan de forma soberbia para garantir a saúde da cidade, desinfectan todos os días e o custe anual sería de 1,5 millóns de euros”, apuntou o rexedor. Segundo explicou, o contrato para a colocación de cartelería ten un custe de 34.500 euros e aporta toda a información sobre as medidas que se deben respectar nos parques.
Ademais, o Concello contratou a desinfección en parques, biosaludables e pistas por 198.250 euros, con produtos viricidas en oito rutas diarias, e por último, o contrato de control de aforo, por importe de 123.000 euros, con sete equipos motorizados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191