Eleccións Galicia| Resultados
Feijóo volve a gañar coa súa cuarta maioría absoluta
O BNG de Ana Pontón triplica resultados e da o sorpaso ao PSdeG-PSOE | Podemos-Esquerda Unida-Anova queda fora do parlamento
Co 98% escrutado os resultados son PP 42 – BNG 19 – PSdeG-PSOE 14 deputados
Cun 98% dos votos escrutados o Partido Popular de obtería 42 deputados, o BNG triplica a súa presenza no parlamento con 19 deputados e o PSdeG-PSOE acada os mesmos resultados de 2016 con 14 deputados. Estas serían, cos datos ainda provisionais, as tres únicas forzas con representación na cámara autonómica.
![[Img #63806]](https://xornal21.com/upload/images/07_2020/1042_resultados-galicia-98-por-cento.jpg)
A maioría absoluta no parlamento galego está situada nos 38 deputados/as. Os datos de participación amosan un notable incremento no número de votos que pasan de 1.448.962 sufraxios (o 53,63% do censo) no ano 2016 a unha porcentaxe de 58,88% nestas eleccións do ano 2020.
![[Img #63805]](https://xornal21.com/upload/images/07_2020/3459_resultados-galicia-98-por-cento-grafico.jpg)
Xa cos resultados provisionais moi avanzados Podemos-Esquerda Unida – Anova; VOX, Cs, PACMA, En Marea-Compromuiso por Galicia-Partido Galeguista non acadarían o número de votos suficiente para ter representación algunha no Parlamento de Galicia.

Cun 98% dos votos escrutados o Partido Popular de obtería 42 deputados, o BNG triplica a súa presenza no parlamento con 19 deputados e o PSdeG-PSOE acada os mesmos resultados de 2016 con 14 deputados. Estas serían, cos datos ainda provisionais, as tres únicas forzas con representación na cámara autonómica.
A maioría absoluta no parlamento galego está situada nos 38 deputados/as. Os datos de participación amosan un notable incremento no número de votos que pasan de 1.448.962 sufraxios (o 53,63% do censo) no ano 2016 a unha porcentaxe de 58,88% nestas eleccións do ano 2020.
Xa cos resultados provisionais moi avanzados Podemos-Esquerda Unida – Anova; VOX, Cs, PACMA, En Marea-Compromuiso por Galicia-Partido Galeguista non acadarían o número de votos suficiente para ter representación algunha no Parlamento de Galicia.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136