Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 16:12:05 horas

Xornal21.es
Jueves, 16 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP agradece aos pontareanos a confianza depositada no PP de Galicia

“O BNG, a pesar de gobernar en Ponteareas e da subida xeral en toda Galicia, non conseguiu ser a primeira forza” sinalan

O PP de Ponteareas agradece "a confianza depositada este domingo na formación liderada por Alberto Núñez Feijóo que manténse como partido máis votado na vila do Corpus".

 

Nunhas eleccións peculiares pola situación derivada do COVID-19, nas que non se puideron facer grandes mobilizacións, os populares de Ponteareas conseguen manterse como primeira forza no municipio con 4.019 votos. “Estamos contentos co resultado xa que tiñamos moitos factores en contra. Primeiramente dicir que no noso municipio goberna o BNG, e aínda que do mesmo xeito que nas municipais absorbeu todo o voto das mareas, non conseguiu ser a primeira forza, quedouse a máis de 1.000 votos de diferenza (3.003 votos). Por outra banda non podemos esquecer tampouco que Gonzalo Caballero ten as súas raíces en Ponteareas, municipio no que tanto en municipais como nestas autonómicas realizou numerosas intervencións cunha gran presenza. Con todo, a pesar destes factores, os pontareanos elixiron , por cuarta vez, o programa e proxecto do PP que lidera Alberto Núñez Feijóo”, explican os populares.

 

Os populares seguirán traballando para incrementar a confianza para próximos comicios “Temos que seguir traballando para convencer , por exemplo, ás persoas que en Ponteareas votaron a opcións como VOX e Cidadáns, partidos que non obtiveron representación”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.