REDONDELA
O Concello de Redondela desinfecta o exterior dos Centros de Día
O Concello de Redondela desenvolveu traballos de desinfección exterior nos catro centros de día que funcionan no municipio ante o inminente inicio da súa actividade. O Goberno redondelán ofreceuse a realizar estas tarefas para “garantir, en todo momento, a seguridade sanitaria dos veciños e veciñas que utilizan estes servizos”.
Os catro centros de día do municipio –Arela, Cesantes. Cortizos e Galeón– reinician o mércores a súa actividade logo de estar suspendida dende o inicio do estado de alarma.
A alcaldesa Digna Rivas, asegurou que “salvagardar a saúde dos nosos veciños e veciñas é prioritaria” motivo polo que o Goberno local ofreceuse a realizar dita desinfección da contorna destas instalacións para garantir un acceso seguro.
Doutra banda, a alcaldesa de Redondela dende a súa faceta de concelleira da Terceira Idade, considera “incomprensible” o atraso na reapertura destes centros cos “prexuízos en deterioro cognitivo e social que iso supuxo para os usuarios e usuarias e os prexuízos que isto supuxo para as súas familias”.
Asemella que o goberno galego “tiña posta a mirada noutros temas para eles máis interesantes que o benestar emocional das persoas usuarias destas instalacións”, asegura Digna Rivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149