VIGO
VigoZoo organiza actividades nocturnas de observación de estrelas
Todos os sábados, desde o 18 de xullo e ao 29 de agosto, VigoZoo organizará unha actividade especial de astronomía e observación de estrelas. As prazas quedan limitadas a 25 persoas por día e para asistir é necesario inscribirse previamente
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores de que VigoZoo organizará todos os sábados, desde o 18 de xullo ao 29 de agosto, actividades especiais de astronomía e observación de estrelas. A prazas estarán limitadas a 25 persoas por día e o horario da actividade será desde as 22:00 ás 24:00 horas.
Se a meteoroloxía é adversa a actividade trasládase ao auditorio do Zoo -con capacidade para 82 persoas- onde levarase a cabo unha conferencia divulgativa. A temática da iniciativa será a filosofía StartLight, traxectoria dos astros e breve introdución ao funcionamento e manexo do telescopio e prismáticos. Ten un custe de 6 euros e para participar é necesario inscribirse no número de teléfono 986 26 77 83.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191