Mos
Catro vehículos implicados nun accidente en Mos
Un accidente con catro vehículos implicados na A-55, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Mos, deixou a unha persoa ferida na mañá de hoxe
O suceso tivo lugar preto das once horas, próximo ao punto quilométrico 12. A esa hora, unha persoa particular púxose en contacto co 112 Galicia para informar do accidente. De acordo co relato da testemuña do sinistro, varios turismos colidiran mentres se desprazaban pola Autovía, dirección Vigo.
Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Baixo Miño e tamén aos membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos.
Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de emerxencia confirmaron que os ocupantes dos catro vehículos atopábanse liberados e accesibles e informaron que unha persoa fora evacuada en ambulancia a unha clínica hospitalaria.
Para garantir as condicións de seguridade na vía, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do servizo de mantemento da vía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58