Ponteareas
Denuncian que o can de defensa da Policía mercado por 10.000 € “non está operativo”
O Partido Popular de Ponteareas denuncia que o Goberno Bipartito gasta ao ano máis de 4.000 euros nun “can de defensa” que os actuais axentes da Policía Local “non poden utilizar porque non teñen nin a formación nin os medios materiais e humanos necesarios”.
O Grupo municipal do PP critica que desde que o goberno adquiriu o can na pasada lexislatura, este nunca foi utilizado polos axentes da policía local. “Na actualidade, o can non se atopa no noso municipio nin tampouco está baixo custodia de persoal municipal. Ademais, o departamento da Policía Local non conta coas instalacións adecuadas, nin os vehículos adaptados para poder ter a este can en activo”, explican os populares.
Ante a “alarmante falta de seguridade no noso Concello e a renuncia de policías polo baixo nivel salarial, ao goberno municipal non se lle ocorre outra cousa que gastar máis de 10.000 euros nun can que ‘non existe’ no noso Concello, e que os axentes de seguridade non o consideran unha necesidade prioritaria”. “É todo é un absoluto despropósito, e esixiremos responsabilidades”, afirman os populares.
O PP lamenta que os policías decidan renunciar ás súas prazas para irse a outros Concellos pola “nefasta xestión do actual bipartito”. “Actualmente estamos baixo mínimos no número de axentes da policía local, con só 6 axentes, fronte aos 25 necesarios. Ademais, os auxiliares da policía local, portan vestimenta co nome de ‘Policía Local’, cuestión que é totalmente irregular, e que este goberno facilita para suplir falsamente a ausencia de policiais locais no noso concello. Toda esta nefasta xestión culmina co gasto de máis de 10.000 euros nun can que ningún axente pode utilizar” lamentan desde o PP.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163