Vigo
O alcalde avanza que “Vigo estará nos fondos europeos”
Abel Caballero valorou a acordo da Unión Europea polo que España recibirá 140.000 millóns dos que a metade serán a fondo perdido destacando que Vigo optará a axudas comunitarias. Amais, salientou o compromiso do Goberno de España coa Biblioteca do Estado de Vigo.
Para Caballero o acordo no cumio da Unión Europea sobre o plan de recuperación despois da crise do Covid-19 reflicte que “somos un grande territorio e que actuamos conxuntos. Por iso o acordo e a mobilización de recursos con emisión solidaria de débeda. Esta semana, por primeira vez na historia, seguramente desde os tempos dos romanos, existiu a Europa de verdade, a que tomou unha decisión colectiva, financiada colectivamente en interese de toda Europa e síntome moi orgulloso de ter vivido o día de onte”. Con este acordo, España recibirá 140.000 millóns de euros dos que 72.700 millóns serán axudas a fondo perdido.
O alcalde amosou o “orgullo e satisfacción desde Vigo, que estará neses fondos europeos porque nos sentimos Europa e temos proxecto de axenda urbana, de cidade verde, un proxecto de mobilidade vertical, un proxecto dunha cidade en Europa”.
En rolda de prensa, o alcalde referiuse aos acordos acadados nas últimas reunións con ministros do Goberno. Co titular de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, asinou o convenio sobre a Axenda Urbana España nas Entidades Locais abordando o futuro das cidades. O acordo contempla a creación dun Foro de Axenda Urbana en España que presidirán o Ministro e presidente da FEMP para “tratar o que levamos facendo en Vigo 12 anos. Unha parte importante dos recursos de Europa é axenda urbana, que é o que facemos en Vigo: humanizacións, peonalizacións, zonas verdes, parques, novas formas de mobilidades, carrís bici, cinto verde, senda verde… a axenda urbana é a calidade de vida e tivemos todo o apoio do Ministro”.
Na reunión co titular de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes, para asinar o convenio de fomento da lectura para municipios menores de 50.000 habitantes, dentro da campaña María Moliner, abordaron a Biblioteca do Estado e acordaron que a directora xeral do libro virá a Vigo a ver o espazo “ratificando o impulso, vocación e compromiso do Goberno de España” con esta dotación que estaba nos orzamentos de Zapatero e que quitou o Goberno de Rajoy, segundo expuxo.
En canto ao encontro coa ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, para firmar a subvención do Goberno á FEMP, o alcalde explicou que abordaron as competencias dos concellos e as reformas lexislativas que precisan para seguir desenvolvendo as súas políticas. “Cremos e apoiamos a reforma da Lei de Bases do Réxime Local que foi unha boa lei pero que precisa actualizarse desde a súa creación hai 30 anos”. Caballero propúxolle seguir o modelo Vigo e as necesidades que ten unha cidade das súas características en transparencia ou gobernanza para poder avanzar sen limitacións lexislativas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191