Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 27 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
MONDARIZ-BALNEARIO

O colexio Cemar de Mondariz Balneario acolle por primeira vez un campamento da Xunta

Realízanse actividades de auga, equitación, tiro con arco, escalada, golf ou sendeirismo, entre outras

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do alcalde de Mondariz-Balneario, José Antonio Lorenzo Rodríguez, visitou a semana pasada o campamento que se está a celebrar no colexio Cemar. Este campamento é unha novidade dentro da oferta de actividades da Campaña de Verán da Xunta de Galicia.

 

A iniciativa denomínase Outdoor Scholl e desenvólvese no complexo lúdico e deportivo do centro escolar. Comezou o pasado día 19 e prolongarase ata o vindeiro domingo día 26. Durante estes días mozas e mozos de 12 a 14 anos realizan actividades de auga, equitación, tiro con arco, escalada, golf ou sendeirismo, entre outras. Como en todas as actividades da Campaña de Verán deste ano, neste campamento séguese o protocolo de actuación establecido polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19 e garantir deste xeito a maior seguridade aos participantes.

 

Ademais deste campamento, outras novidades da Campaña de Verán na provincia de Pontevedra son os campamentos nas granxas escolas do Kirico (Fornelo de Montes) e no albergue de Tomiño; o que terá lugar no albergue Vicente Agulló de Lalín; e os programados na Residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán) e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo).

 

Para os campamentos de verán de nenos de 9 a 17 anos, a Consellería de Política Social oferta na provincia pontevedresa 1.065 prazas; 289 nos minicampamentos ‘Coñece Galicia’ que organiza coa Consellería de Cultura e Turismo; e 108 nos campos de voluntariado só para mozos galegos de 18 a 30 anos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.